Dende 2010, ESF desenvolve un proxecto para mellorar a educación formal e non formal en aspectos agropecuarios e de produción sostible no sur de Ecuador, que implica tanto colexios de ensino técnico coma organizacións de produtores/ás, administracións públicas e familias. Durante os tres anos de vixencia do proxecto -que finaliza o último trimestre deste ano- as diferentes actuacións beneficiarán directa e indirectamente a máis de 68.000 persoas entre agricultores, estudantes e docentes das provincias de Loja, Zamora Chinchipe e El Oro. Ainda máis
Arquivo da categoría: Artigos
O actual sistema alimentario: impactos e alternativas.
O modelo agroalimentario actual está baseado nunha industria globalizada causante de grandes impactos socioeconómicos e ambientais, que afectan especialmente aos países empobrecidos. O acceso a produtos fóra de tempada e a variados alimentos exóticos e tropicais, así como as políticas comerciais promovidas pola Organización Mundial do Comercio (OMC) e outros organismos internacionais, estimularon un modelo baseado na deslocalización da produción e na importación e exportación internacional de alimentos en detrimento dun modelo de produción e distribución local. Ainda máis
Auga plastificada.
Segundo a OMS no 2025 haberá 2.888 millóns de persoas sen acceso á auga potable. Actualmente Mozambique recibe 5 litros por persona ao día, Estados Unidos 575 L.
Garantías constitucionais nos dereitos fundamentais.
O dereito á alimentación é un dereito humano que garante o acceso e gozo dunha alimentación digna, sexa producindo o propio alimento ou adquirídoo; para poder producir, unha persoa necesita terra, sementes, auga e outros recursos, e para compralo, necesita diñeiro e a posibilidade de acceder ao mercado. Ainda máis
Que é a industria alimentaria?
Industria encargada da elaboración, transformación, preparación, conservación e envasado dos alimentos de consumo humano e animal.
Editorial (Xullo).
Este mes de xuño chegaba a noticia dende a FAPA de Castelló de nenos buscando comida no lixo do seu colexio. Incluso os propios mestres levaban, por iniciativa propia, alimentos para paliar a fame dos cativos con menos recursos.
Os recortes na Universidade de Vigo.
A nosa Universidade está a sufrir o comezo dunha época que só se pode catalogar como triste e lamentable. Unha época de recortes, de precariedade, de perda de calidade educativa, de privatización e mercantilización. As primeiras medidas están afectando especialmente ao Persoal Docente Iventigador (PDI) e o Persoal de Administración e Servizos (PAS), afectando consecuentemente ao estudantado: suba de horas, descenso de salario e non renovación de contratos son as tres características principais da política que a Reitoría, monicreque ás ordes do ministro Wert, está a aplicar este ano, e seguirá aplicando os vindeiros. Ainda máis
Unha alternativa real: o grupo de alimentación.
Cultivar, construír, tecer,… xa non son actividades feitas por un mesmo ou na pequena comunidade. Na sociedade ‘desenvolvida’ somos dependentes de case todo. Consumimos e producimos o que o sistema manda. Ainda máis
Pequeno acto de atrevemento.
Falaría de consumo, de produtos e de economía se con isto non sentira que só estou a empregar palabras roubadas aos seres humanos, palabras malladas, azoutadas e falsificadas. Se lembrase que non hai moito tempo a especie humana aínda cazaba para alimentarse, abrigarse e construír un lugar no que se resgardar e que entre os seres humanos había verdadeiros actos de intercambio, entón sentiría que estaría a falar de necesidade e de cultura. Ainda máis
Consumir educadamente.
As crianzas están perdidas nun mundo no que as persoas adultas (aquelas que deberían por os cimentos para o benestar infantil) tamén o están. Proba disto é a tolemia colectiva reflectida na provocada adicción polo consumo bulímico de produtos de máis que dubidosa necesidade. Ainda máis