Os recortes na Universidade de Vigo.

207382_103326543187469_384802216_nA nosa Universidade está a sufrir o comezo dunha época que só se pode catalogar como triste e lamentable. Unha época de recortes, de precariedade, de perda de calidade educativa, de privatización e mercantilización. As primeiras medidas están afectando especialmente ao Persoal Docente Iventigador (PDI) e o Persoal de Administración e Servizos (PAS), afectando consecuentemente ao estudantado: suba de horas, descenso de salario e non renovación de contratos son as tres características principais da política que a Reitoría, monicreque ás ordes do ministro Wert, está a aplicar este ano, e seguirá aplicando os vindeiros. Así concretamente:

  • O PAS verase afectado por un aumento de xornada (de 35 a 37,5 horas semanais) sen incremento de salario nengún.
  • Os convenios sobre os horarios do PAS son suprimidos unilateralmente pola Administración.
  • Instituirase unha “bolsa de horas” para acumular esas 2,5 horas semanais engadidas. De tal xeito, o PAS deberá cubrir turnos en calquer horario; estes  turnos de “horas estrañas” pode ser notificados en calquer momento baixo a escusa de “causa sobrevida”.
  • O PDI verase afectado por unha redución de postos de traballo. O conxunto do profesorado asociado corre o risco de non ser renovado.
  • So se están cubrindo o 10% das xubilacións.
  • Para non deixar as aulas baleiras con estes despidos encubertos: o PDI da Uvigo verá aumentada as súas horas docentes ata o máximo legal; mermándose así na súa faceta   investigadora.
  • As baixas do PDI menores de 15 días non se están cubrindo.
  • Reducción dos complementos salaraiais autonómicos dos PDI.
  • O calendario lectivo será recortouse xa en dúas semanas.
  • As bolsas para estudantes para a realización da avaliación do  profesorado foron suprimidas (Esta avaliación do profesorado será  realizado por ETT’s)

Por todo isto, dende a Asociación Universitaria Enrique Ruano facemos un chamamento a toda a comunidade universitaria: organícemonos en defensa da nosa Universidade, dos postos de traballo e de toda unha xeración, que por primeira vez na historia deste país, corren o risco de vivir peor que a xeración anterior.

Autor Asociación Universitaria Enrique Ruano.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *