• Converterse nunha ferramenta coa que se constrúa unha cultura e unha sociedade
diferentes a través da creación de discurso e contradiscurso.
• Buscar o achegamento ao maior número de público fuxindo de converterse nun
medio de información endogámico.
• Servir como vehículo de transmisión, apoio e defensa das iniciativas, informacións
e alternativas dos diferentes colectivos, proxectos e plataformas.
• Contribuír á creación dunha cidadanía activa, responsable e comprometida a través
da achega dunha ollada crítica e alternativa do sistema actual.
• Conectar Vigo e a súa contorna coas iniciativas, mobilizacións e impulsos sociais e
culturais que se dean a nivel tanto local como nacional e internacional.
• Potenciar e defender as minorías.