A Boia entrevista a… Rafa Mayoral.

e Plataforma de afectados por las hipotecas– Cómo está a afrontando a PAH a campaña  de desinformación e manipulación á que se está vendo sometida polos poderes favorables á banca?

Pois continuando co que vimos facendo. Favorecendo a movilización social, a loita  colectiva, a solidaridade e o apoio mútuo  entre zas personas afectadas e o conxunto da sociedade civil, que están loitando por reconstruir o dereito á vivenda, frente os  intereses dos especuladores. Ainda máis

Porque é importante informarse sobre economía

As persoas que estamos preocupadas por mellorar a sociedade precisamos abrir un debate. Denunciamos as barbaridades do sistema pero non profundizamos sobre o uso que fai a oligarquía sobre certos termos. Termos como “paro”, “débeda”, “diñeiro”, “inflación”, “mercados”, “capital”, “produtividade”, … sobre os que moitos receptores teñen limitado o seu concepto. Palabras repetidas constantemente nos medios como dogmas inalterables.

Money money Ainda máis

Galicia e a banca do Potosí.

Serra do Galiñeiro

Xa non abonda con cantar aquilo de Galicia, gran carallo de sal. En realidade Galicia vai camiño de se converter nun siniestro total por esfarelamento en fundido do queixo furado. A este paso conseguiremos comunicar subterraneamente con Yanacocha en Perú (ouro) ou coas antípodas neocelandesas en Waihi (ouro) amigándonos co pobo mongol de Baotou en China (terras raras) e mandándolle un hei carballeira! pola festa do patrón á parroquia de Barberton en Sudáfrica (ouro). Ainda máis

Os privilexios da banca que quizás non saibas.

Hoxe en día estamos a vivir unha crise tremenda, orixinada nas prácticas da banca de inversión e comercial a nivel internacional. Aínda que hoxe a sabedoría “popular” creada polos mass media quere facernos ver que a crise depende na súa solución do déficit público, o certo é que este non ten nada que ver coa orixe da crise,  nin ten nada que ver coa súa solución real. A orixe da crise está nun sector financeiro sobredimensionado, e que conta cuns privilexios desmesurados, que dan a este sector, formado e dirixido por unha pequena elite, un poder enorme sobre as nosas vidas. E que non empregan no noso ben, senón para o seu beneficio. Ainda máis

FIARE, unha realidade de banca ética participativa.

Fiare

Queremos saber que se fai cos nosos cartos e construír alternativas para a transformación da realidade. Por iso precisamos ferramentas de finanzas éticas coma
Fiare, rede conformada por 4000 persoas físicas e xurídicas que a nivel estatal estamos a constituir unha cooperativa de crédito sen ánimo de lucro. Na Galiza, xa somos socias 26 colectivos, 1 concello e 246 persoas a título particular. Ainda máis

Que é o diñeiro? (Primeira parte).

O diñeiro é un símbolo que un conxunto de persoas adoptan como elemento clave dun sistema de intercambio de bens e servizos. É dicir trátase dunha convención social, pola cal a un obxecto se lle asigna un valor determinado que sirve de referencia para todas aquelas cousas que esa sociedade considera intercambiables (unha barra de pan, un traballo, un portavións, a vida dunha persoa, unha pena xudicial,…) Ainda máis