”Se non se aumenta a produtividade e se non se teñen os custos salariais adecuados, a empresa acaba fechando e ese traballador que quere cobrar máis ao final non acaba cobrando máis que o paro … para sair da crise económica os traballadores deben traballar máis e, desgraciadamente, gañar menos…os empresarios xa están gañando menos, e incluso hai moitos que xa están perdendo.” Gerardo Díaz Ferran.Ex-presidente da CEOE(1).
Arquivos mensuais: Abril 2014
II Festival Metamovida.
A batalla polas pensións.
“A Batalla polas Pensións (1881-2013). De como a clase capitalista quere privatizar os bens comúns e de como as clases traballadoras se opoñen.”
Xabier Pérez Dávila, Estaleiro editora. Ainda máis
Alebrije.
É un cabalo? É un mamut? É un sapo? É un nudista ortodoxo?
O alebrije é una figura imaxinaria formada por partes de diferentes animais, tanto reais como fantásticos. A súa presencia no territorio mexicano esténdese por toda a nación, mais é na cidade de México onde radica a súa orixe. Alí, o cartoneiro Pedro Linares López traballaba no seu taller de piñatas, máscaras e figuras de papel maché que logo vendía no Mercado de la Merced . Ainda máis
A onde carallo van os impostos?
Os cidadáns somos adoutrinados na crenza de que cos impostos estamos a contribuír coa sociedade. Trátase dun pacto ineludible co que renunciamos ao ben individual a favor do ben común. Pero dende o comezo ese pacto nace en falso, pois nin os cidadáns poden escoller se queren contribuír, ou en que medida, nin tampouco poden escoller a que van destinados os seus cartos. O todopoderoso Estado, encarnado na casta política que pide o voto en eleccións pero que non pide opinión no resto da lexislatura, é quen rouba e decide. Ainda máis
Asemblea aberta
O xoves 8 de maio, as 19 horas no Bou Eva, A Boia fará unha asemblea aberta co obxetivo principal de abrir o equipo da revista á cidadanía. Calquera pode vir, coñecer como funciona A Boia por dentro, e buscar o seu xeito de participar.
A asemblea tamén será ocasión para compartir diferentes visións do que debería ser este pequeno, pero prometedor, medio de comunicación alternativo e popular.
Somos parte do problema ou da solución?
O obxectivo do Traballo Social é procurar un Sistema máis xusto e equitativo, eliminando barreiras que dificultan o acceso de determinadas persoas e colectivos ao estatus de benestar e sendo promotores de cambio social. O noso lugar está co pobo, somos moitas veces o único altofalante que poden ter persoas que doutro xeito xamais serían escoitadas nin visibilizadas. Sabemos que as nosas intervencións son sostidas e validadas en canto que loitamos a prol dos Dereitos Humanos recoñecidos pola lexislación internacional. Deberiamos ser abandeiradas da indignación, técnicas proactivas nas propostas de solución e insubmisas dun sistema cruel e inhumano. Ainda máis
A Boia, preselecionada para os premios Luceira.
A revista A Boia tivo o honor de ser preseleccionada para os Premios Luceira de comunicación social en Galicia.
Dende hoxe e ata o día 30 de abril, ábrese unha votación popular para escoller entre as 17 candidaturas preseleccionadas pola organización.
Que son as pensións e a seguridade social?
As pensión da seguridade social son un mecanismo de solidariedade mediatizado polo Estado polo cal se protexe a quenes, debido á desigualdade no reparto da riqueza, de outra maneira verían mermados os seus ingresos de forma significativa ou serían incluso excluídos do sistema. É a seguridade social a que nos protexe das consecuencias da enfermidade, dos accidentes no traballo, a maternidade, a invalidez, a vellez e o desemprego. Ainda máis