“A Batalla polas Pensións (1881-2013). De como a clase capitalista quere privatizar os bens comúns e de como as clases traballadoras se opoñen.”
Xabier Pérez Dávila, Estaleiro editora. Ainda máis
Arquivos da etiqueta: Pensións
Somos parte do problema ou da solución?
O obxectivo do Traballo Social é procurar un Sistema máis xusto e equitativo, eliminando barreiras que dificultan o acceso de determinadas persoas e colectivos ao estatus de benestar e sendo promotores de cambio social. O noso lugar está co pobo, somos moitas veces o único altofalante que poden ter persoas que doutro xeito xamais serían escoitadas nin visibilizadas. Sabemos que as nosas intervencións son sostidas e validadas en canto que loitamos a prol dos Dereitos Humanos recoñecidos pola lexislación internacional. Deberiamos ser abandeiradas da indignación, técnicas proactivas nas propostas de solución e insubmisas dun sistema cruel e inhumano. Ainda máis
Que son as pensións e a seguridade social?
As pensión da seguridade social son un mecanismo de solidariedade mediatizado polo Estado polo cal se protexe a quenes, debido á desigualdade no reparto da riqueza, de outra maneira verían mermados os seus ingresos de forma significativa ou serían incluso excluídos do sistema. É a seguridade social a que nos protexe das consecuencias da enfermidade, dos accidentes no traballo, a maternidade, a invalidez, a vellez e o desemprego. Ainda máis