“A Batalla polas Pensións (1881-2013). De como a clase capitalista quere privatizar os bens comúns e de como as clases traballadoras se opoñen.”
Xabier Pérez Dávila, Estaleiro editora.
Os medios de persuasión de masas difunden sen descanso a verdade incontestável. As sociedades europeas non se poden permitir o mantemento de onerosos sistemas de
protección social.
No entanto, existe unha narración alternativa. Os sistemas de protección social, como o recoñecemento dos dereitos das mulleres, ou como a acumulación do coñecemento científico, son conquistas da civilización humana, irrenunciábeis, que deben ser estendidas a toda humanidade. A capacidade produtiva das sociedades humanas é incomparabelmente superior á de ningunha outra época. Porén, é capitalismo financeirizado o que ameaza a viabilidade dos sistemas de pensións públicos. É o capitalismo financeirizado o que aumenta de xeito exponencial a inestabilidade do sistema
económico someténdoo a recorrentes crises financeiras. Establecer o benestar común é posíbel, mais incompatíbel coa financeirización. E, tendencialmente, tamén incompatíbel co capitalismo.
Lapsus distribuidora alternativa.