Definición

A revista “A Boia” é unha iniciativa de ECOAR))) que busca achegar á cidadanía as alternativas, iniciativas e respostas sociais e culturais ao sistema actual que se produzan en Vigo e na súa comarca.
Ademais “A Boia” pretende ser unha ferramenta coa que os colectivos e persoas poidan construír un discurso e unha cultura a través dunha ollada crítica en busca dunha cidadanía activa, responsable e comprometida.
A revista contará con depósito legal para acadar a súa perdurabilidade.