Editorial (Novembro).

portada20

3.500 millóns. Na actualidade, esa é a cifra que define o número de persoas que se atopan no planeta en situación de empobrecemento.

Hoxe vivimos nun mundo onde as diferencias sociais entre as persoas son cada vez maiores; exemplo claro disto é que as 85 persoas máis ricas do mundo posúen tanto patrimonio como eses 3.500 millóns. E cada día, por desgraza, esa situación aumenta. Ainda máis

A Boia entrevista a… Xosé Luís Méndez Ferrín*.

xl ferrín

Ao seu parecer que gañou e perdeu o movemento pola autodeterminación de Galiza dende os anos do franquismo ata hoxe en día?

Desde logo, pobo galego, isto é: a clase obreira galega, aínda non gañou. A oligarquía e o poder foron, porén, perdendo territorios intelectuais, sociais e territorios morais. A situación en que estamos agora é un contexto de combate, longo, proxectado de cara ao futuro. Ainda máis

Menstrúate.

ghatas

Segundo a RAG, a menstruación é a función orgánica da muller pola que, cada mes, expulsa unha pequena cantidade de sangue pola vaxina, procedente do útero. Pero é algo máis ca iso: é parte dun proceso hormonal cíclico consubstancial á muller que propicia o seu coñecemento persoal, por tanto, unha maior consciencia do seu ser interno. Ainda máis

A historia do pobo galego.

“Historia do pobo galego“ é unha obra colectiva feita en no verán 1975 por antrifranquistas galegos exiliados na veciña cidade d’Oporto.
Deseñada e impresa n’Oporto, esta historieta composta dunha ristra de quince viñetas de 8×15 cm a toda cor pregadas en acordeón para facilitala sua difusión clandestina de “peto a peto” na Galiza, cousa da que se ocupou a Unión do Pobo Galego.

Esta pequena gran testemuña da loita do pobo galego contra o fascismo foi achegada A Boia dous antigos membros daquel colectivo que prefiren manterse no anonimato e que simplemente desexan unha difusión libre dela.

exilio 3