Guión, produción e realización: Juan Pablo Forti e Manuel P. Sánchez.
Narradora: Lucía Cid Cabido. Axudante de Animación: Pedro Rodríguez Luaces.
Banda Sonora: GÜINTERVAN. Duración: 29’30’’
O 24 de xaneiro estreouse en Nigrán, na Casa Colorida, o documental “Cos Pés de Cemento”. O seu tema principal é a economía baseada no cemento, a especulación urbanística e a apropiación do común, pero reflicte tamén as mobilizacións sociais que xurdiron como defensa imprescindible. “Cando foi a explosión anticorrupción en Nigrán, e en tantos outros concellos, decidimos empezar a gravar. Percibiamos que por fin o sentimento da xente e o dos ecoloxistas comezaba a converxer. Iso foi o que nos deu os folgos, o tempo no activismo deunos os contactos.” (Juan P. Forti)
“O documentario ten como tema principal a economía baseada no cemento; pero reflicte tamén as movilizacións sociais que xurdiron como defensa ”