“Cos pés de cemento”

Guión, produción e realización: Juan Pablo Forti e Manuel P. Sánchez.
Narradora: Lucía Cid Cabido. Axudante de Animación: Pedro Rodríguez Luaces.
Banda Sonora: GÜINTERVAN. Duración: 29’30’’

O  24 de xaneiro estreouse en Nigrán, na Casa Colorida, o documental “Cos Pés de Cemento”. O seu tema principal é a economía baseada no cemento, a especulación urbanística e a apropiación do común, pero reflicte tamén as mobilizacións sociais que xurdiron como defensa imprescindible. “Cando foi a explosión anticorrupción en Nigrán, e en tantos outros concellos, decidimos empezar a gravar. Percibiamos que por fin o sentimento da xente e o dos ecoloxistas comezaba a converxer. Iso foi o que nos deu os folgos, o tempo no activismo deunos os contactos.” (Juan P. Forti)

“O documentario ten como tema principal a economía baseada no cemento; pero reflicte tamén as movilizacións sociais que xurdiron como defensa ”


Os casos vanse presentando enfiando entrevistas e gravacións de mobilizacións: Redondela reinvindicando o tren de cercanías, O Morrazo en contra dos portos deportivos, Baiona e a defensa do patrimonio nos montes, Salvaterra co polígono industrial, Nigrán e a construción do Porto do Molle, hoxe unha grande extensión encementada, trala desfeita eólica, chea de naves industriais  baleiras e sen uso, como en tantos outros casos; e no mesmo concello a aparición de Salvemos Monteferro como resposta veciñal que se opuxo ao proxecto de urbanización do monte…
O documental anima á mobilización cidadá. Ao estar feito dende o local vémolo dende unha perspectiva de participación e coñecemento que lle dá un significado especial de proximidade.

Pantallazo-2Fotograma de “Con pés de cemento”

Autoría da reseña: Ánxeles Bouzó

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *