Caravana da Marcha Mundial das Mulleres

Nós, as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres da rexión europea, estaremos en marcha nunha caravana, do 8 de marzo ao 17 de outubro de 2015, desde Turquía ata Portugal, para visivilizar as nosas diversas realidades sexuais, políticas e económicas.

“Imos marchar para demostrar a nosa perseveranza e a nosa forza como mulleres colectivamente organizadas. Somos diversas, pero temos unha identidade e obxetivo común: superar a inxustiza actual”

logo caravane

Imos marchar para demostrar a nosa perseveranza e a nosa forza como mulleres colectivamente organizadas, con distintas experiencias, culturas políticas e orixes étnicas, pero que teñen unha identidade e un obxectivo común: o desexo de superar a inxusta orde actual que provoca violencia e pobreza e construír o mundo que queremos, baseado na paz, na xustiza, na liberdade e na solidariedade.

Imos marchar para reclamar os nosos dereitos.
Imos marchar na loita contra a mercantilización das nosas vidas, da nosa sexualidade e dos nosos corpos.
Imos marchar para denunciar o sistema capitalista, sexista, racista e lesbofóbico que explota o traballo diario reprodutivo e produtivo das mulleres, á vez que concentra as riquezas nas mans duns poucos.
Imos marchar polo fin inmediato dos conflitos armados e polo uso do corpo das mulleres como botín de guerra.
Imos marchar na loita contra a privatización dos recursos naturais e dos servizos públicos.
Imos marchar pola soberanía alimentaria e enerxética e contra a destrución e o control dos nosos territorios.
Estaremos en marcha ata que consigamos os nosos dereitos á saúde, á auga potable, ao saneamento, á terra, á vivenda e á autonomía sobre as nosas sementes .
Estaremos en marcha ata que todas sexamos libres

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *