Que é a Democracia?

A democracia defínese como o goberno do pobo, o goberno dos máis, en oposición a outras formas de goberno que supoñen os gobernos dunhas minorías, como resulta do goberno aristocrático, ou incluso dunha soa persoa, como as monarquías ou as tiranías/ditaduras.

“O concepto de democracia ofrece múltiples posibilidades de aplicación: dende a democracia directa, como nos ‘concellos abertos’, ata a representativa, onde a maioría non poden participar no proceso de decisións máis alo do voto”

Naturalmente, levado á realidade o concepto de democracia ofrece múltiples posibilidades de aplicación, pois podemos pasar de gobernos plenamente democráticos, entendidos como a capacidade de intervir directamente na toma de decisións, como poden ser os concellos abertos ou outras formas de goberno asembleario; ou ben a democracia representativa, que é a que funciona no mundo occidental, onde a maioría da xente, é dicir, as clases populares, non poden participar das decisións políticas máis aló do voto, con maior ou menor frecuencia.

sovietAsemblea do soviet de Petrogrado (1917)

Como se orixina?

A democracia contemporánea xurde dun proceso revolucionario a finais do século XVIII e principios do XIX, cando unha clase social emerxente, a burguesía, toma o poder e establece unha forma de goberno acorde aos seus intereses e polo tanto en contra dos intereses da clase dominante ata entón, isto é, a aristocracia e o seu goberno duns poucos. Naturalmente, ese Estado que xurde das revolucións burguesas non está deseñado para garantir a participación de todos, senón para facilitar o control político das novas elites. Este control se conseguía vetando a participación restrinxindo a participación a través do sufraxio activo e pasivo mediante a renda ou a propiedade. O camiño cara o sufraxio universal, e en xeral á democracia representativa tal e como a coñecemos hoxe, é o froito das loitas das clases populares por aumentar a súa participación política.

Loitas activas.

A loita pola democracia entrou nunha fase álxida a partir das revolucións árabes de 2011, que estenderon a reclamación por unha verdadeira democracia en Europa, se ben xa se iniciaran anos antes procesos de loitas pola democracia anos antes, concretamente en América Latina. Alí, o epicentro da loita pola democracia está na revolución bolivarina que liderou Hugo Chávez, xerme dos procesos similares que xurdiron en outros Estados, como Bolivia i Ecuador, pero que tamén tivo unha marcada influencia nos movementos que reclamaban máis democracia no cono sur. Hai que entender que a loita pola democracia non só se trata dunha loita por acadar a maior capacidade de participación política. A democracia se constrúe a través de dúas patas fundamentais: a liberdade, entendida esta coma a capacidade dunha maioría da poboación para participar de forma crítica e continuada na vida política; pero tamén na igualdade, entendida esta como o reparto igualitario da riqueza, pois non pode existir unha participación política activa se non existe unha igualdade no material. Por isto, as loitas pola democracia abranguen á loita pola participación activa na xestión do poder e a loita pola igualdade.

O combate pola democracia non so está nas urnas, senón tamén nas rúas. Únete a colectivos que loiten por cousas que te parezan importantes.”

Qué podes facer ti?

Non podes ser un suxeito pasivo á espera que os demais decidan por ti. Desde o local existen procesos aos que te poder unir para conformar un tecido con capacidade para reclamar á democracia, para reclamar a capacidade para decidir sobre as cousas que afectar as nosas vidas. O combate pola democracia non so está nas urnas, senón tamén nas rúas. Polo tanto, únete a colectivos que loiten por cousas que te parecen importantes. Esta tamén é unha forma de construír democracia. Loita tamén pola democracia nos centros de traballo.

gamonalManifestación en Gamonal (2014).

Foto: Rodrigo Mena Ruiz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *