O Sr. Font e a Memoria Histórica

No FARO do 12 de febreiro, escribe vostede unha columna sobre a memoria historica na nosa cidade a raiz da sentenza do TSXG sobre a Cruz franquista do Castro, onde enumera os avances conqueridos a prol da memoria histórica dende que o Sr. Caballero é alcalde da nosa cidade, é a este aspecto ao que me vou referir neste escrito.

“O sr. Font enumerou unha serie de ‘avances‘ conqueridos sendo alcalde Caballero. Pero moitos son ‘medias verdades’, e en realidade ningún deses feitos son merito de Caballero”

septem trionisFoto: Septem Trionis


Vaia por diante que acato sentenza do TSXG, pero non é o motivo deste escrito entrar a valorar a súas verbas, xá o fixo a AVMH do 36.
Vaiamos pois sobre os actos que vostede menciona sendo alcalde o Sr.Caballero.
– O Sr. Caballero é Alcalde da nosa cidade en dúas lexislaturas. Na primeira coaligado co BNG, en que o Sr. Domínguez e Tenente de Alcalde, o Sr. Xesús López é concelleiro de Cultura (probablemente o mellor concelleiro de Cultura que tivo nunca a nosa cidade) e a Sra. Iolanda Veloso ocupa a Concelleria de Igualdade. Na segunda lexislatura, a actual, exerce o PSOE o goberno en solitario. Todo isto é moi importante para comprender o que vén.
– Primeiro di vostede “12 calles llevan nombre de represaliados“, non sei onde están, pode ser, vostede dirá, pero só coñezo 6 rúas que leven nomes de mulleres represaliadas, feito que foi aprobado por unanimidade no pleno, grazas a unha iniciativa co Consello Municipal da Muller, defendida e presentada no pleno polo concelleiro de Cultura Xesús López.
– Segundo, “Un barco nombre de una represaliada“. Barco botado nos asteleiros de Vigo, propiedade da empresa SERTOSA NORTE, que foi fletado polo ministerio de Fomento (Sr. Blanco) no 2009 para Salvamento Maritimo, ao cal se lle puxo o nome de URANIA MELLA. Rematado o contrato no 2012, na actualidade está rebautizado co nome de MONTE ARUCAS.
– Terceiro, “tres monolitos conmemorativos”. Hai máis, Sr. López Font, uns levantados pola iniciativa da AVMH (Calvario, Castro, Cabral), outros pola inciativa da AV Teis (na Guia),da AV Lavadores nos xardíns de Barreiro. Todos co apoio da Concellería de Cultura de Xesús López.

“Canda xa estaba feita a pedra, con so dous días de antelación, denegouse o permiso para colocar unha placa polo fusilados en Pereiró.”

Non obstante, foinos denegado o permiso para colocar unha placa no cemiterio de Pereiró en lembranza os 740 fusilados polo franquismo que alí estan soterrados. Foinos denegado o permiso 2 dias antes pola concelleira Chus Lago, que era a que tiña as competencias no cemiterio de Pereiró, cando xa estaba feita a placa de pedra e organizado o acto que ía contar coa presenza do concelleiro de cultura. O mesmo nos pasou coa placa que queriamos colocar no Marco para recordar o seu pasado como cárcere, o Sr. Alcalde denegounos o permiso por ser o presidente Fundacion do Marco.
– Cuarto, “retirada del monolito Cies”, feito polo Ministerio de Medio Ambiente, goberno do Sr. Zapatero, quen tiña as competencias sobre o Parque.
– Quinto, “retirada signos falangistas de 8 iglesias y diferentes edificios oficiales”. Aquí si, pero retirada parcial, pois o nome de José Antonio Primo de Rivera aínda se mantén en moitas delas, basta ver a Colexiata. En canto aos diversos edificios oficiais, non sei a cales se refire, pois a Reitoría foi na epoca da Sra. Porro e o da Casa Das Artes foi competencia do Tenente de Alcalde.
– Sexto, “y nominamos Jardin de la Memoria”. Si señor, aquí ten razón, a raíz de prohibir a colocación da placa en Pereiró, que antes comentei, aos poucos días, a iniciativa do Alcalde, levouse a cabo esta inauguración, denominando ese espazo de Pereiró co aséptico nome de “Jardín de la Memoria”.

galiza contrainfoFoto: Galiza contrainfo

Si Sr. López Font, os feitos que vostede menciona sucederon na nosa cidade na primeira lexislatura, coaligados co BNG. Desta segunda xa non temos máis novas, pero vostede non falta a verdade, aínda que sexa a media verdade. Todo iso sucedeu sendo alcalde de Vigo o Sr. Caballero, como tamén é certo que sendo el alcalde tocou o gordo da lotería de Nadal en Monforte.

Autoría: Manolo Reinoso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *