Estamos todos os días na rúa. Pateámola coa esperta rabia, liberada no berro da impotencia, que choca nos cornos do teimudo carneiro do sistema. Ainda máis
Arquivos da etiqueta: feminismo
Treboadas: unha visión libertaria do feminismo.
O grupo anarcofeminista Treboadas nace en Vigo pola necesidade de dar unha resposta contundente ós distintos tipos de dominación que adopta o patriarcado e pola falta de alternativas feministas coas que sentirnos identificadas.
Pola igualdade das diferenzas
Tendemos a clasificalo todo, facemos categorías, e moitas veces perdemos a visión do conxunto. Ainda máis
Feminismo e humanismo.
Botando a un lado por un momento todo o que é e significa o feminismo como acostumamos entendelo, gustaría centrarme desta vez nos valores humanos – moitas veces ignorados ou relegados a un segundo plano – que recupera e trae consigo á escena pública, sinalando con eso a súa evidente e preocupante ausencia. Sigue lendo
Que é o Feminismo?
O feminismo é un movemento social, cultural e político que loita contra as inxustizas orixinadas polo machismo e o patriarcado e busca a igualdade entre as persoas independentemente do seu sexo e o seu xénero. Así pois, o feminismo procura rematar e superar todos aqueles aspectos da nosa sociedade nas que as persoas (independientemente do seu sexo e xénero) son agredidas, explotadas, invisibilizadas, minusvaloradas, sometidas e/ou impedidas pola ideoloxía e comportamentos machistas e o sistema patriarcal. Sigue lendo
Editorial (Xaneiro).
“O diaño está nos detalles” din os anglosaxóns. Non é dito como unha alarma paralizante ante o porvir, se non para a xente manteña a cautela a hora de afrontar a complexidade. O refrán é fillo dunha cultura prágmatica e dunha xente flemática, quizias xa un tanto acomodada. O diaño non é esa cousa grande, vermella inzada en chamas que atormenta as “mentes infantís”, se non aquela pequena cousa na que os simples non saben reparar. O que non especifica o refrán, e se o diaño vive en esencia nos detalles, ou é que hai xente que sabe agochalo aí para arrastrar á perdición aos que instalados na emerxencia de vivir, non poden deterse flematicamente a diseccionar o mundo que os rodea é, as veces, afoga. Ainda máis