Editorial (Xaneiro).

portadaenero“O diaño está nos detalles” din os anglosaxóns. Non é dito como unha alarma paralizante ante o porvir, se non para a xente manteña a cautela a hora de afrontar a complexidade. O refrán é fillo dunha cultura prágmatica e dunha xente flemática, quizias xa un tanto  acomodada. O diaño non é esa cousa grande, vermella inzada en chamas que atormenta as “mentes infantís”, se non aquela pequena cousa na que os simples non saben reparar. O que non especifica o refrán, e se o diaño vive en esencia nos detalles, ou é que hai xente que sabe agochalo aí para arrastrar á perdición aos que instalados na emerxencia de vivir, non poden deterse flematicamente a diseccionar o mundo que os rodea é, as veces, afoga.

O goberno do PP é un deses trampulleiros que gostan de agochar ao diaño. Un trilero que sabe agochar a súa ideoloxía nunha verbena de centos de impactos informativos. Un predixitador que coa dereita coloca ante á opinión pública un diaño deses grandes, vermellos e inzados en chamas (nomeadamente “a crise”, pero tamén os “antiespaña”, os “terroristas”…) mentres coa esquerda vai esmagando os dereitos da cidadanía.

Na última momento do proceso de reforma do Código Penal, coma se fose un pequeno detalle sen importancia,  Alberto Ruiz-Gallardon introduxo unha modificación ó artigo 188 do Código Penal. Neste artigo é onde se tipifica o “lucro da explotación sexual de outra persoa, ainda co consentimesmo da mesma” como proxenitismo (penado coa prisión de 2 a 4 anos, e multas de 12 a 24 meses). De aprobarse a proposta de Ruiz-Gallardón, que suprime estas liñas, os proxenetas poderán excercer legalmente a explotación  económica das persoas maiores de idade. De aprobarse a lei, a xustiza só poderá actuar contra a explotación económica das mulleres sometidas a “condicións gravosas,
desproporcionadas e abusivas”, ou que estean nunha “situación de dependencia
persoal e económica que lles deixe outra opción alternativa, real ou aceptable”.

O detalle no que hai que reparar é que a prohibición do aborto é o único punto do “detallado” programa electoral do PP.

O detalle-diaño é co goberno do PP as mulleres están deixando de ser suxeito
de dereito. Para o PP, o capitalismo e os dogmas relixiosos están por riba do dereito de cada unha das mulleres a decididir sobre o seu corpo. Para o sistema capitalista e patriarcal o corpo das mulleres é unha mercadoría e unha máquina reproductiva.

Polo dereito de todas: Basta xa de agresións machistas! Abaixo co sistema capitalista e patriarcal !

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *