Editorial (Febreiro).

1499603_610286619051822_2054722953_n

O capitalismo está convertindo o mundo nunha cárcere. Non estamos falando das cadeas da alienación económica e moral, nen das barreiras do clasismo, ou a prisión da miseria, estamos a falar de cárceres de muro altos e fríos, con fiestras enrexadas e gardias armados ao soldo do estado. Estamos a falar de centros onde hai persoas ailladas do resto da nosa “sociedade do benestar”, persoas encerradas con falta de atención médica e educacional; despoxadas de dereito e xustiza, están expostas ao maltratato física e psicolóxico, sobre todo dos funcionarios de prisións e policía.

Sigue lendo

Editorial (Xaneiro).

portadaenero“O diaño está nos detalles” din os anglosaxóns. Non é dito como unha alarma paralizante ante o porvir, se non para a xente manteña a cautela a hora de afrontar a complexidade. O refrán é fillo dunha cultura prágmatica e dunha xente flemática, quizias xa un tanto  acomodada. O diaño non é esa cousa grande, vermella inzada en chamas que atormenta as “mentes infantís”, se non aquela pequena cousa na que os simples non saben reparar. O que non especifica o refrán, e se o diaño vive en esencia nos detalles, ou é que hai xente que sabe agochalo aí para arrastrar á perdición aos que instalados na emerxencia de vivir, non poden deterse flematicamente a diseccionar o mundo que os rodea é, as veces, afoga. Ainda máis

Editorial (Decembro).

portada_9_webO pasado 27 de outubro, a peridista de “La Sexta” Ana Pastor entrevistou ao ministro Miguel Arias Cañete (o ministro de Alimentación que come iogures “caducados”). Nun momento dado, Ana Pastor tocou o tema de actualidade naquela semana: “este goberno podería facer algo sobre a sentencia de Estrasburgo sobre a Doutrina Parot?”. O ministro tentou evadirse apelando as propostas de modificación do Código Penal que fixeran os “populares” nos anos 80 e 90, para suprimir a reducción de penas por beneficios penitenciaios. A periodista, non entendeu ou non quixo entender esta saída e voltou a carga: “pero ministro levan dous anos con maioría absoluta!”. Acorralado, Arias Cañete, que é licenciado en Dereito, explicoulle a periodista, que non, que a situación actual é inevitable xa que “as leis non teñen efecto retroactivo!”. Ainda máis

Editorial (Novembro).

portada_novembroEn marzo deste ano o gabinete de prensa do PP balear cometeu un “lapsus mail” que deixou en descuberto un xeito de corrupción que a maioría descoñeciamos. O correo, que por erro chegou a redacción de varios medios de comunicación realmente  independentes, comezaba cun educado “Bos días opinadores, estas son as noticias do día para comentar…”*. Os /as “opinadores/as”, son periodistas de medios maioritarios que, por razóns ideolóxicas e/ou pecuniarias, reinciden, dende unha posición  aparentemente independente, na estratexia informativa do PP. Neste caso concreto tratábase de negar que o presidente balear Bauzá fose un ladrón do erario público; desprezar o seguimento e valores da folga do profesorado, e desviar a atención cara unha serie de “boas noticias” obra e gracia do PP. Para isto se lles daba unha serie de argumentos de elaboración do propio gabinete e indicacións da forma politicamente correcta de facelo, evitando así semellar demasiado fascista ou oficialista. Ainda máis

Editorial (Outubro).

octubre_webNo estado español cada ano fabrícanse máis de 300 millóns de libros, deles perto do 25% son os “libros de texto non universitarios (principalmente de Primaria e a ESO, estudos obrigatorios). En diñeiro isto tradúcese nuns 750 millóns de euros que son un gasto “obrigatorio” para boa parte da cidadanía; as familias con escolares gastan unha media de 200 euros ao ano somentes nestes libros. Entretanto, no curso 2012/13 o goberno do estado español reduciu as axudas a merca deste tipo de libros un 47 % (61 millóns menos); nese curso, 578.549 escolares deixaron de recibir axuda algunha para mercarlos. Ainda máis

Editorial (Agosto).

-E que facemos co escombro? – Deixao no monte, na beira de calquer camiño.

-Onde podemos facer unha mega promoción urbanística? – É doado, no monte. Se non hai camiño o facemos.

É probable que algunha vez presenciase vostede un diálogo como o primeiro; o segundo é menos probable que o presenciara, pero teña vostede por seguro que se ten producido moitas, moitas veces. Ambos responden a unha visión contemporánea do monte. Actualmente, a maioría da poboación galega considera o monte como algo con moi pouco valor, algo inmenso e inesgotable, alleo a vida cotiá, á cidade e a política. É un espazo que non empregamos case nunca, e se o empregamos é para facer aquelo que en ningún outro sitio faríamos; dende logo nunca na porta da nosa casa, no noso barrio ou vila.

Para o poder político e económico o monte galego non ten outro valor que ser unha reserva de terreo para proxectos urbanísticos especulativos. Así, con escaso planeamento e sentido común, en metade do monte, en sitios onde nen hai poboación nen infraestructuras previas, ábrense polígonos industriais, urbanizacións, facultades, centros comerciais…, moitos deles, de dubidosa rendabilidade económica e social, terminan baleiros. Nas últimas décadas, sartas de políticos adobados orquestaron grandes proxectos formigoneiros no monte: o formigón é barato, o “solar” é barato, polo tanto a “foto inaugural” tamén está barata.

Esto, ademáis de implicar a destrucción de solo fértil, significa a fragmentación de espacios naturais, a dispersión do habitat humano e limitacións para explotación económica e social do monte: o formigón e o asfalto parten o monte, os regatos, os camiños, a paisaxe, a vida natural e a humana.

Hoxe en día, na nosa contorna, temos un lamentable exemplo desta forma de entender o monte como un simple solar, trátase do proxecto de “Porto Cabral”, que pretende construir un centro comercial duns 300.000 m2 a 10 km do centro da cidade de Vigo. Esta obra faríase a costa de destruir o monte comunal de Cabral, un monte que estaba sendo obxeto de rexeneración por parte dos veciños.

Agora, hai que decir NON a “PORTO CABRAL”. Simplemente, o “NON” é suficiente: o monte comunal de Cabral é desas cousas que non podemos perder para sempre.

Autor Revista A Boia.