A maioría das novas sobre violencia son prexudiciais para as mulleres e o seu contorno. Os medios de comunicación teñen que contribuir á erradicación da violencia e non proporcionar máis que sensacionalismo e morbo, teñen que falar da realidade e en nome das mulleres que xa non poden defenderse. A falla de investigación nos casos por parte dos medios de comunicación fai que se dea unha información que non se corresponde coa realidade. Dende xa, os medios terían que darlle a seriedade e o rigor necesarios tendo en conta que, doutro xeito, o único que conseguen é que se tome a violencia como algo natural, sen ter en conta o prexuízo que causan ao convertilo en algo sensacionalista sen máis. Os medios de comunicación deberían empregarse para producir cambios sociais, non para promover unha sociedade manipulada para vender máis sen ter en conta a dor das persoas. Non nos debe importar como morreu nin a opinión da veciñanza, o que pasa nunha casa só o saben os que nela moran e produce moitísima impotencia ver como se trasmite unha nova tan dolorosa sen o máis mínimo coidado nen respecto ás persoas que rodean o suceso.
Arquivos da etiqueta: Manipulación informativa
A manipulación informativa.
Se ben ata finais do século XX foron o compendio de prensa, radio, cine e televisión os conformaban a comunicación social, agora mesmo son principalmente os medios audiovisuais, os que ocupan unha posición dominante. Os medios en papel, que foran paulatinamente popularizados nas xeracións anteriores, están agora relegados. Hoxe en día, a formación do pensamento político das persoas faise principalmente a través da comunicación audiovisual da televisón, o cine, a web e as redes sociais (youtube, facebook,…). Ainda máis
Editorial (Novembro).
En marzo deste ano o gabinete de prensa do PP balear cometeu un “lapsus mail” que deixou en descuberto un xeito de corrupción que a maioría descoñeciamos. O correo, que por erro chegou a redacción de varios medios de comunicación realmente independentes, comezaba cun educado “Bos días opinadores, estas son as noticias do día para comentar…”*. Os /as “opinadores/as”, son periodistas de medios maioritarios que, por razóns ideolóxicas e/ou pecuniarias, reinciden, dende unha posición aparentemente independente, na estratexia informativa do PP. Neste caso concreto tratábase de negar que o presidente balear Bauzá fose un ladrón do erario público; desprezar o seguimento e valores da folga do profesorado, e desviar a atención cara unha serie de “boas noticias” obra e gracia do PP. Para isto se lles daba unha serie de argumentos de elaboración do propio gabinete e indicacións da forma politicamente correcta de facelo, evitando así semellar demasiado fascista ou oficialista. Ainda máis