A manipulación informativa en violencia de xénero.

Rede de mulleres veiñais contra os malos tratosA maioría das novas sobre violencia son prexudiciais para as mulleres e o seu contorno. Os medios de comunicación teñen que contribuir á erradicación da violencia e non proporcionar máis que sensacionalismo e morbo, teñen que falar da realidade e en nome das mulleres que xa non poden defenderse. A falla de investigación nos casos por parte dos medios de comunicación fai que se dea unha información que non se corresponde coa realidade. Dende xa, os medios terían que darlle a seriedade e o rigor necesarios tendo en conta que, doutro xeito, o único que conseguen é que se tome a violencia como algo natural, sen ter en conta o prexuízo que causan ao convertilo en algo sensacionalista sen máis. Os medios de comunicación deberían empregarse para producir cambios sociais, non para promover unha sociedade manipulada para vender máis sen ter en conta a dor das persoas. Non nos debe importar como morreu nin a opinión da veciñanza, o que pasa nunha casa só o saben os que nela moran e produce moitísima impotencia ver como se trasmite unha nova tan dolorosa sen o máis mínimo coidado nen respecto ás persoas que rodean o suceso.

Ainda máis