Oposición ao dereito dun pobo a expresar a súa opinión como defensa da liberdade e a democracia; prohibición de manifestacións para facer respectar a liberdade de todos; privatización da sanidade para asegurar o dereito á asistencia médica universal; eliminación de bolsas e peche de escolas como máxima expresión da garantía de acceso á educación e, desde logo, intervencións militares, ataques e bombardeos á poboación civil feitos pasar por intervencións humanitarias. A perversa manipulación da linguaxe levada a cabo polo poder, para vendernos as cousas polo contrario do que son, non ten límites, confiando quizais na máxima de que unha mentira mil veces repetida, convértese en verdade. Ainda máis
Arquivos mensuais: Outubro 2013
Viñeta do mes.
Educación nas cadeas? eles mesmos o din.
Textos extraídos de informes da ONU:
“É moi difícil que a educación poida prosperar nun medio no que impera o castigo. De feito, o castigo é contrario á educación.” Ainda máis
Educación para a rapiña e o consumo.
O endebedamento público español supera o 90% do seu PIB, e disque Europa presiona para recortar aínda máis o gasto en benestar. Algúns medios xustifican os recortes en educación argumentando que investimos un 15 % máis que a media dos países da OCDE. Porén, outros medios recollen do mesmo informe que o noso gasto educativo, un 5,6% do PIB, é menor que a media da OCDE, que é dun 6,3%.
“Os recortes efectivamente traducíronse nunha caída da inversión por alumno superior ao 25% nos últimos catro anos.” Ainda máis
Fotografía da educación mundial: un dereito para todas as persoas?
1. Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser gratuíta, canda menos no referente á instrución elemental e fundamental [..].
2. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; […].
[Artigo 26, Declaración Universal dos dereitos humanos, (DUDH)]. Ainda máis
A educación do século XXI.
Deben existir poucas verbas que consigan un debate tan amplo, difícil e cheo de connotacións alleas a se mesma coma a educación.
GOVI, á busca dos restos da balea mecánica.(IV)
GOVI, á busca dos restos da balea mecánica.(III)
A importancia dunha Educación Ambiental transformadora.
Sen ánimo de comezar facendo un extenso repaso da actual situación do mundo, semella que hai un considerábel consenso cando menos científico –sempre hai personaxes exóticos que negarán a maior– sobre a existencia dunha crise ambiental sen precedentes: o cambio climático, a extinción de especies, a contaminación dos ríos e mares, etc.
“Non nos enganemos: a resposta á crise ambiental á que nos enfrontamos non pode vir a través de pequenas modificacións que reparen os “pequenos desaxustes” do modelo actual”
Educación para… a economía?
Fóra dos círculos que rodean á educación non é moi coñecido o preámbulo da lei, impulsada polo tristemente famoso ministro Wert: A LOMCE. Sei que o preámbulo é só unha declaración de intencións, non é a lei mesma, pero léndoo podemos imaxinar a cor do que virá despois:
“E para aforrar por que non se elimina dunha vez a Relixión? Para cando o ensino laico? Cantos millóns supón pagarlle a un profesorado, colocado polo bispado e sen oposición”