Coa axuda das antigas roldanas oxidadas do cargadoiro de minerais de Rande, en desusi dende a din da actividade na Metalúrxica, GOVI é extraido das augas polos habitantes da Ría.
Ao entrar en contacto co osíxeno, produciuse a “cetalonitificación” de GOVI: a transformación dos seus tecidos e masa corporal na prezada “cetalonita”.
A “cetalonita” é un metal con propiedades ultraresistentes que tan só se pode obter nos primeiros 40 días na metamorfose das baleas mecánicas.
GOVI é un soño conxunto, debuxado por Alexandre Doucin e escrito por María Ríos e Fátima Ruiz.