De melenas e coletas

Seica houbo un melenudo que desafiou ao Imperio e aos falsos. A súa verba conciliadora prendeu coma lume nas xentes daqueles tempos convulsos. A represión brutal non poido con este movemento que falaba de paz, e Roma non tivo máis remedio que convertirse. Pouco despois, a capital de occidente “deixou a política” definitivamente, para ocuparse nos asuntos da fe, na lexitimación do poder real e na concesión de pasaportes ao ceo.

1.22.1 felixbernetFoto: Felixbernet

Sigue lendo

Reflexións en novembro do 2014.

reflexion

Foto: Ondrej Kloucek

As organizacións sociais levan miles de anos evolucionando, ao meu ver, a cabalo da conciencia colectiva da humanidade. Opino que no continuo humano non se atopan protagonistas desa historia, acaso referentes. Todas somos participantes. O sistema engloba mesmo aos que están na súa cima, camuflada entre títeres de cores diversas.

Occidente vive un proceso en que os estados perden poder fronte as transnacionais mentres os partidos tradicionais perden credibilidade ante sectores cada vez máis amplos. No estado  español o descontento cristalizou nun movemento que rapidamente tivo o seu reflexo no panorama electoral. Hoxe “os indignados” puxan con forza pola xestión do 50% do PIB controlado polo gasto público e mais polo acceso ao control da
xeración de regras de xogo.

A conquista da Moncloa pode ser unha arma de dobre fío, una trampa, un perigo que debemos afrontar, xuntas, conscientes dos cambios que queremos para estar millor, dándonos tempo para achegarnos e tomar boas decisións. No camiño do sentido común, seica seremos capaces de repartir o que hai e aproveitar o que temos, deixándonos tempo para disfrutar, sentir e comprender a vida e o noso rol nela, a nosa esencia.

“Os poderes fácticos son inmunes ao pulo electoral e ás presións sociais. Poden tumbar gobernos trasladando empresas, creando guerras, devaluando monedas ou activos bursátiles. ”

Mais, por desgraza, os poderes fácticos son inmunes ao pulo electoral e ás presións sociais. Poden tumbar gobernos trasladando empresas, creando guerras, devaluando monedas ou activos bursátiles. Mais non son inmunes ao consumo e podemos organizarnos. A alimentación, a enerxía, a educación, a sanidade, son áreas nas que xa hai asociacións de produtores e consumidores que escapan á lóxica capitalista.

Hoxe, degustando unha crema de landra e laranxa, uns amigos déronme un tríptico do seu proxecto: Fóra do Linde, produtores ecolóxicos. Aproveitar e valorizar os recursos locais é unha obviedade que non debemos obviar, outro punto de encontro
coa realidade e co outro. Pouco a pouco.

Os camiños son moitos, alta é a complexidade deste xogo no que todas temos un papel importante. Os diversos colectivos que se están a nuclear deben atopar o seu lugar para ser funcionais. Poden pasar tantas cousas… Ata pode que os donos do planeta decidan liberarse da súa carga! Sería mellor para eles, mais non se pode contar con iso. Hai que seguir, xuntas.

Juan Pablo Forti.

Outra peza no motor da mudanza: as moedas sociais. O caso do Val Miñor.

Moeda socialA comezos deste ano, un grupo de persoas no que se inclúen funcionarios, comerciantes, estudantes, paradas e traballadoras, creou unha Unidade de Intercambio de tempo, bens e servizos, que está a dar os seus primeiros pasos. A Moeda Social do Val Miñor, conta xa cunha ferramenta web cálida e fácil de usar, para reflexar e facilitar as transaccións que se realizan, e que poden incluir ou non o intercambio de euros. Ainda máis

Superpoboación e superpoderes.

Superpoboación

O ser humano hoxe aprópiase de máis da metade da produción anual de biomasa. “Onde está o límite ao seu crecemento?”, pregúntase Alan Weisman no seu último libro, no que investiga a distribución da “superpoboación” nun planeta que se converte en campo de batalla polos recursos. Cita por exemplo, o caso dos recursos hídricos de Gaza e Cisjordania, únicos da contorna sen esgotar. Os territorios baixo control de Israel, teñen capacidade para soster a 3 millóns de persoas, mais xa son 12. Necesitan máis auga da que dispoñen, e as súas reservas esgótanse, como as do petróleo no planeta. Ainda máis

Eleccións do “gasto público”.

Unha soa cuestión basta para caracterizar calquera modelo de sociedade: a distinción que se fai entre o Común e o Privado. O Poder, sexa o da rúa, o da selva, o da sombra ou o establecido, estipula a Resposabilidade Social ou Individual sobre as cousas nun determinado grupo humano. Ainda máis

Morte en Colombia e lume no Pindo.

O 15 de maio do 2012 entrou en vixencia o tratado de libre comercio entre Colombia e EEUU, da man de grandes promesas de emprego e riqueza para o pobo colombiano. As consecuencias deste acordo non tardaron en deixarse notar. Unha das súas cláusulas, en concreto a 9.7’0, obriga aos agricultores colombianos a empregar semente certificada, especificando ademais que só serán sementes certificadas as producidas por Monsanto, Singenta e “Cía.”.

Morte en Colombia Ainda máis

Educación para a rapiña e o consumo.

O endebedamento público español supera o 90% do seu PIB, e disque Europa presiona para recortar aínda máis o gasto en benestar. Algúns medios xustifican os recortes en educación argumentando que investimos un 15 % máis que a media dos países da OCDE. Porén, outros medios recollen do mesmo informe que o noso gasto educativo, un 5,6% do PIB, é menor que a media da OCDE, que é dun 6,3%.

Educación vs militar“Os recortes efectivamente traducíronse nunha caída da inversión por alumno superior ao 25% nos últimos catro anos.” Ainda máis

A “mudanza global” da pesca en Galicia.

2.6.2.1A temperatura media en Galicia incrementouse 0,7 graos nas últimas décadas. Segundo un informe do CSIC, a produtividade na plataforma galega ven descendendo nas derradeiras décadas; un 40% dende os anos 50 ata a actualidade. A mudanza climática global altera o réxime de circulación atmosférica, habendo cada vez menos ventos do Norte e con menos intensidade na nosa costa. Os ventos do Norte arrastran as augas superficiais da costa cara o mar, e este volume de auga así desprazado é ocupado por augas profundas cargadas de nutrientes. O afloramento destas augas, en contacto coa luz solar fai que medren as algas que constitúen a base da cadea trófica mariña, da que formamos parte dende hai milenios.

“Segundo un informe do CSIC, a produtividade na plataforma galega ven descendendo nas derradeiras décadas; un 40% dende os anos 50 ata a actualidade.”

Ainda máis