A comezos deste ano, un grupo de persoas no que se inclúen funcionarios, comerciantes, estudantes, paradas e traballadoras, creou unha Unidade de Intercambio de tempo, bens e servizos, que está a dar os seus primeiros pasos. A Moeda Social do Val Miñor, conta xa cunha ferramenta web cálida e fácil de usar, para reflexar e facilitar as transaccións que se realizan, e que poden incluir ou non o intercambio de euros.
Hai xa varias ducias de ofertas a disposición dos ususarios na ferramenta web, mais de momento, o numero de transaccións é moi reducido. De feito, non é fácil o camiño de facer realidade este proxecto autoxestionado, que necesita dunha masa crítica de usuarios con certo grao de compromiso para comezar a funcionar eficazmente.
Dende os inicios, o grupo impulsor da Moeda Social do Val Miñor buscou precedentes, atopando no Puma, a moeda social do sevillán barrio do “Pumarejo”, o seu irmán maior, do que recive apoio e consello. Este proxecto, que conta con 800 usuarios e unha banca para convertir os pumas en euros e viceversa. O puma atravesa outra fase, na que se enfrontándo á dificultade de xestionar o volume grande de transaccións. Mais segue adiante, superando obstáculos. Basta con mudar o enfoque para entender os problemas que van xurdindo coma unha oportunidade para medrar e aprender.
O certo é que as moedas sociais multiplícanse dende algúns anos a esta parte, cando menos por Europa. Millóns de cidadáns saíron as rúas para rexeitar os abusos da Troika, uns miles de valientes xa se están a animar a asumir o reto de mudar o seu mundo dentro das súas posibilidades. O descontento pode ser o cumbustible do motor do cambio social, a pedra filosofal que muda o chumbo no dourado metal.
“Non sei se chegará o día no que os cartos non sexan necesarios. Mais a todas nos iria mellor se fose ilegal lucrarse coa emisión de moeda ”
Non sei se chegará o día no que os cartos non sexan necesarios. Mais teño claro que todas iríamos millor se fose ilegal especular e lucrarse coa mera emisión de moeda, cobrando intereses esaxerados, moitos ceros porriba dos gastos de xestión. A moeda corrente é unha necesidade das persoas e das economías dos pobos.A existencia das moedas sociais así o demostra.
Juan Pablo Forti.