“A liberdade chorando a Handala”, pintada no muro da vergoña en Belén.
Foto: Andres Bedia
Un muro que, en realidade, caera hai xa tempo. Toda a maquinaria do sistema realizou unha brutal campaña propagandística, todas as institucións, todos os líderes mundiais, e uns cantos miles de imbéciles se lanzaron a celebrar a caída do seudosocialismo.
Celebraban o triunfo dese “marabilloso” capitalismo que a punto estivo de afundirse na súa propia merda se non fose polas excepcionais medidas “socialistas” que as grandes economías utilizaron para salvalo.
Berlín é o muro estrela, o muro mediático, é o seu muro propaganda eterna, o símbolo do seu triunfo sobre o bloque seudosocialista, a imaxe mítica da súa vitoria na Guerra Fría. Pírrica vitoria, pois os que se enfrentaron a unha e a outra parte do “Telón de Aceiro” non foi capitalismo contra socialismo, senón capitalismo bárbaro contra capitalismo cutre.
“Onde están as cámaras e os líderes obámicos para ‘mundovisar‘ os outros muros? O de Chipre, o do Sáhara, o de México-USA, o de Palestina,… e o multiforme que o Norte rico levanta fronte ao Sur”
Pero onde están as cámaras e os líderes obámicos, onde as fichiñas de dominó e os fogos de artificio para ‘mundovisar’ os outros muros? O que levantou o amigo americano turco en Chipre que corta ao país en dous cruzando polo medio de Nicosia, o muro que o amigo americano marroquí construíu no Sahara incumprindo todas as resolucións da ONU sobre o dereito á autodeterminación do pobo saharahui, e o muro que o americano mesmo construiu na súa fronteira con México para que non suban os parias do sur empobrecidos pola rapina norteamericana, ou ese monstruoso muro multiforme que o Norte rico levanta fronte ao Sur que literalmente morre de fame mentres se deixa roubar petróleo, diamantes, coltán e ouro?
Cruces no enreixado da fronteira México-USA para lembrar os migrantes falecidos.
Foto: Ektarama
Demasiados muros para celebrar a caída do máis glamoroso de todos. Muros que se levantan nas nosas cidades, muros que se levantan nos nosos estados, nas nosas casas, que pasan polas nosas mesas, polas nosas camas, polos nosos principios, polas nosas ideoloxías, polo noso pensamento…E o máis terrible de todos, o auténtico muro da vergoña: o muro que constrúe Israel en Cisxordania e Gaza, unha ferida que envelena Oriente Medio creando unha frustración e un odio que abona as accións desesperadas, a violencia cega de quen están sendo cegados da esperanza e da dignidade.
Israel é un estado que desde practicamente a súa fundación, vive na ilegalidade máis absoluta. Explotando a mala conciencia que o holocausto creou no mundo e utilizando o poder mundial do lobby xudeu, sentiuse coas mans libres para construír un estado en base á violencia impune, á bárbara expulsión dos palestinos do seu territorio lexítimo, á utilización do terrorismo de estado, aos incumprimentos de toda legalidade, ignorando todas as convencións e tribunais internacionais, facendo caso omiso, unha vez tras outra, dun longo rosario de resolucións da ONU, sometendo aos palestinos de Cisxordania e Gaza a unhas condicións de vida e morte que recordan demasiado ás que eles sufriron baixo a tolemia nazi.
O conflito árabe-israelí ten a súa orixe na partición de Palestina que a comunidade internacional, logo da Segunda Guerra Mundial, votou baixo a conmoción emocional provocada polo recente descubrimento do xenocidio de nove millóns de xudeus. Foi un agasallo por tanto sufrimento, un agasallo á conta dos palestinos, das terras dos palestinos, do exilio dos palestinos, da morte dos palestinos. Sobre ese inmenso erro histórico comenzouse a construir un conflito que Israel, grazas á súa supremacía militar, agudiza día a día até límites insoportables afastando cada vez máis unha solución e provocando cada vez maior violencia.
“O muro de Palestina non so é ilegal según todos os organismos internacionais senón que converte os territorios palestinos nun inmenso gueto no que morren miles de persoas ”
A creación do muro de separación non só non é ilegal segundo todos os organismo internacionais senón que converte os territorios palestinos nun inmenso gueto no que morren miles de persoas por falta de asistencia sanitaria, pola brutalidade nazi do exército israelí e por unha vida en condicions infrahumanas. Situación insoportable para millóns de musulmáns en todos o mundo dispostos a realizar calquera acción desesperada, e que alimenta os conflitos de Afganistán, Iraq, Paquistan…
Contra esta barbarie loitan en todo o mundo cidadáns non só palestinos, ou árabes, ou musulmáns, senón todos aqueles que soñan cun mundo no que se respeten os dereitos humanos, a xustiza e o entendemento entre razas, pobos e culturas. E tamén cidadáns xudeus que non se deixan embrutecer por un estado paranoico, exasperado, embrutecido e criminal.
Autoría: Utopía foro.