A mobilidade, un compromiso medio ambiental.

vitrasa

A mobilidade como un servizo público, de respecto ao medio e complemento á calidade de vida debe ser unha prioridade das administracións.

A clase política sometida aos poderes económicos ten deseñado e aplicado unhas directrices económicas dirixidas ao consumismo, á privatización dos servizos públicos esenciais, á especulación e á falta total de respecto ao medio. Esta programado a concentración nas grandes urbes, da nosa costa e non deseñan nin poñen en práctica actuacións que impidan a despoboación no interior do territorio. Como proba temos a programación de investimentos multimillonarios en autoestradas, concretamente na
ampliación da ponte de Rande sen que se xustifique a súa necesidade nin siquera para o futuro.

Está a modalidade de transporte colectivo como xa temos proposto ás diferentes administracións dende os anos 2000, pasaría por deseñar un plan a medio e longo prazo que contemple a conexión entre os distintos medios de transporte colectivo de pasaxeiras (terrestre e marítimo, incluso aéreo) para o que habería que transformar as estacións
do tren, os peiraos do transporte de ría e as estacións de autobús en estacións intermodais (como xa se está facendo na estación do tren de Vigo), con horarios
coordinados que faciliten os trasbordos e a viaxe sen demora.
Para que isto funcione é preciso que:

  • As estacións dispoñan de acceso de bus público e zonas de aparcadoiro para vehículos privados cun custe soportable para as usuarias do transporte público.
  • Que dispoñan de puntos de información sobre as liñas do transporte urbano  circulares así como a zonas específicas industriais de Vigo e da área metropolitana.
  • Implantación tarxeta transporte válida para calquer medio.
  • Que a cidadanía se implique no uso do transporte metropolitano, por tanto na redución do uso do vehiculo privado e das emisións de CO2.

A posta en práctica destas medidas e a construcción de paradas de bus nos itinerarios convencionais, fóra dos carrís de circulación, darían un plus de axilidade ó tránsito de pasaxeiros, máis comodidade para as usuarias e unha considerable redución de costes enerxéticos unha importante contribución á reducción da contaminación ambiental da ría de Vigo.

Con vontade, compromiso e sentido común, sí se pode!

Serxio Reguira, Plataforma pola defensa da Ría de Vigo, CIES

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *