Todos os xornais celebraron o pasado 26 de agosto o cese da guerra entre Israel e Palestina, que pon fin aos 50 días de bombardeo e destrución sobre a franxa de Gaza. Ainda máis
Arquivos da etiqueta: PAlestina
Territorios palestinos ocupados. Campos de exterminio?
O que queda de Palestina hoxe son os territorios de Cisxordania (6.220 km2) e Gaza (365 km2). Nos mapas que se achegan vemos como foi sendo ocupada militarmente por Israel en diferentes etapas, invadido pola forza, contra todas as resolucións da ONU e demais organismos internacionais de xustiza.
Como nun campo de concentración o muro ilegal que Israel comezou a construír no 2002 déixaa pechada á poboación. Nalgúns puntos, este muro de formigón acada os sete metros de altura, cando estea finalizado chegará case aos 750 km de lonxitude. Ainda máis
Os muros (Berlín).
“A liberdade chorando a Handala”, pintada no muro da vergoña en Belén.
Foto: Andres Bedia
Un muro que, en realidade, caera hai xa tempo. Toda a maquinaria do sistema realizou unha brutal campaña propagandística, todas as institucións, todos os líderes mundiais, e uns cantos miles de imbéciles se lanzaron a celebrar a caída do seudosocialismo.
Por que se seguen a ocupar os territorios palestinos?
Esta era a pregunta que se facía o economista israelí Shir Hever no seu libro A política económica da Ocupación Israelí.