A Boia entrevista a… Serxio Reguira Gómez, presidente pola plataforma pola defensa da Ría de Vigo “Cíes”

Cando se constituiu a Plataforma Pola Defensa da ría de Vigo “CÍES”(PDRV)?

Aínda que se levaba traballando case un ano, a Plataforma constituiuse legalmente no mes de outubro de 1.993.

Cales son os obxectivos fundamentais que persegue a Plataforma?

En términos xerais, loitar para acadar un saneamento integral da Ría, a defensa do medio ambiente, potenciar unha maior produtividade natural e a mellora da calidade de vida da cidadanía. Ainda máis

A costa da morte: paisaxes, lendas e naufraxios.

Costa da morteCando lin a proposta temática da Revista A Boia para este novo número non dubidei un intre. Hai uns meses tiven a oportunidade de coñecer a Costa da Morte, un lugar máxico onde as paisaxes e as lendas, os faros e as vilas mariñeiras namoráronme ao momento. A Costa da Morte, que se estende polo litoral coruñés comprendido entre Fisterra e Malpica, toma o seu nome da multitude de naufraxios que alí se deron polos acantilados abruptos e a climatoloxía da zona ata que se levantaron os coñecidos faros.

Ainda máis

Os dereitos da infancia.

Dereitos da infancia

Por Dereitos da Infancia entendemos o conxunto de normas internacionais que protexen as persoas ata os dezaoito anos. Estes dereitos son irrenunciables e inalienables, polo que non poden ser vulnerados por ninguén en ningún caso. A Convención dos Dereitos dos Nenos de 1989 recoñece ás crianzas como titulares activos, isto é, non son só beneficiarias senón tamén promovedoras e transformadoras.

“As crianzas teñen dereito a dar a súa opinión e que sexa tida en conta. Teñen dereito á liberdade de pensamento, de crenzas e de relixión.” Ainda máis

Estimulando a destrucción do litoral.

Errare humanum est, perseverare diabolicum.

Piscifactoria

En maio de 2013 entrou en vigor a Lei de protección e uso sustentable do litoral, que modifica a Lei de Costas. A Lei de Costas do 1988 xurdiu en resposta á febre urbanística dos anos 60 e 70 que cementou boa franxa do litoral español. Pretendía ser un punto de inflexión que paralizase o fenómeno destrutivo e privatizador do litoral pero a intención entusiasta desta lei quedou truncada. A creación delirante de infraestruturas de transporte, a construción masiva de segunda residencia, a moda do ladrillo – inversión, xunto co baleirado da “España rural interior”, fixo que o novo boom inmobiliario dos 90 e a euforia urbanística do 2000-2007, urbanizase gran parte da costa española. Ainda máis

O limón da discordia. Os outros custos da industria alimentaria.

Precisas un único limón, poñamos que para un cóctel. Vas ao “súper”, e descobres que xa non os venden soltos, só en mallas de 1 kg a 1,49 euros; dubidas, sénteste un chisco estafada, pero os mercas. Xa de camiño a casa, les a etiqueta do saquiño: “Orixe: Chile”. O día seguinte, no mercado fíxaste no prezo da froiteira: limón “do país” 2,49 euros/kg. Pregúntaste: pero como? Non hai custos de transporte? Os chilenos non pagan impostos de importación?
Lemon Ainda máis

O camiño de Tirán.

Se xeneralizamos un chisco, podemos afirmar que os espazos costeiros, no que respecta á Ría, son vistos como “oportunidades” para a edificación (de casas, de chalés, hoteis ou galpóns). Con elas chega a “urbanización”, ou sexa, os servizos de carácter urbano como a luz eléctrica, o saneamento… pero tamén a “mellora” dos camiños para convertelos en estradas.

En Galicia existe un outro problema e ten que ver coa identificación entre pichi e progreso. Así é que a ninguén le sorprende escoitar, no tocante ás estradas, que “canto máis anchas sexan, mellor” Ainda máis

A “mudanza global” da pesca en Galicia.

2.6.2.1A temperatura media en Galicia incrementouse 0,7 graos nas últimas décadas. Segundo un informe do CSIC, a produtividade na plataforma galega ven descendendo nas derradeiras décadas; un 40% dende os anos 50 ata a actualidade. A mudanza climática global altera o réxime de circulación atmosférica, habendo cada vez menos ventos do Norte e con menos intensidade na nosa costa. Os ventos do Norte arrastran as augas superficiais da costa cara o mar, e este volume de auga así desprazado é ocupado por augas profundas cargadas de nutrientes. O afloramento destas augas, en contacto coa luz solar fai que medren as algas que constitúen a base da cadea trófica mariña, da que formamos parte dende hai milenios.

“Segundo un informe do CSIC, a produtividade na plataforma galega ven descendendo nas derradeiras décadas; un 40% dende os anos 50 ata a actualidade.”

Ainda máis