Unha balea mecánica é una animal mitolóxico de Galicia. Despois de 80 anos de vida en alta mar, as baleas mecánicas non morren, entran nun estado vexetativo e achéganse á costa, para seren metamorfoseadas pola poboación local.
Esta é a historia de GOVI, unha balea mecánica que un día entrou na ría de Vigo, entregando o seu corpo para ser despedazada en diferentes materias primas “máxicas”, que foron quen de se adaptar ás necesidades , arelas e actividades dos habitantes, xerando así un proceso transformador da vida na ría e dos que a habitan…
… vente a descubrir a Ría con GOVI?
GOVI é un soño conxunto, debuxado por Alexandre Doucin e escrito por María Ríos e Fátima Ruiz.