GOVI, á busca dos restos da balea mecánica.(II)

govi_2A antiga factoría de pan situada no punto culminante da cidade de Vigo, servía dende tempos inmemoriais de guarida do Capitán Sireno. Cunha vista impenetrable sobre a Ría, o Capitán Sireno encargábase de moderalo tráfico marítimo.

Unha madrugada o Capitán Sireno, estaba a esperar o regreso dos pescadores do Morrazo para autorizarlles a entrada á Ría. A anómala configuración da flota e a súa mercadoría mais voluminosa que de cotío, aceleraron o seu corazón.

O Capitán Sireno estaba a esperar ese acontecemento dende había tempo, GOVI, unha balea mecánica, tiña elixido a Ría de Vigo para a súa metamorfose!

GOVI é un soño conxunto, debuxado por Alexandre Doucin e escrito por María Ríos e Fátima Ruiz.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *