O obxectivo do Traballo Social é procurar un Sistema máis xusto e equitativo, eliminando barreiras que dificultan o acceso de determinadas persoas e colectivos ao estatus de benestar e sendo promotores de cambio social. O noso lugar está co pobo, somos moitas veces o único altofalante que poden ter persoas que doutro xeito xamais serían escoitadas nin visibilizadas. Sabemos que as nosas intervencións son sostidas e validadas en canto que loitamos a prol dos Dereitos Humanos recoñecidos pola lexislación internacional. Deberiamos ser abandeiradas da indignación, técnicas proactivas nas propostas de solución e insubmisas dun sistema cruel e inhumano. Ainda máis
Arquivos da etiqueta: Enrédate radio
A sociedade do medo.
Vivimos nunha sociedade con medo. Medo ao descoñecido, ao de fóra, ao veciño. Os informativos son unha sucesión de historias morbosas sobre roubos, agresións e mortes violentas que conforman unha foto da realidade moi distorsionada. Así que acabamos por entrar na paranoia nacional e pensamos que estamos nun país con gran inseguridade cidadá e que precisamos endurecer as penas que existen xa que así frearase o crime e viviremos con máis paz. Ainda máis
O dereito á información: compromiso ético.
Na escena actual da sociedade da información, estamos ante un dos retos mais grandes deste século: que historias cremos, cales contamos e cales eliximos que permanezan.
“Temos todos os medios ao alcance para que a información chegue a todas as partes e sexa un ben para todas, pero temos un reto enorme, que é discernir cando a información é veraz e cando non.”
Temos todos os medios ao alcance para que a información chegue a todas as partes e sexa un ben para todas: a tv, radio, prensa, xunto coas novas plataformas dixitais e redes sociais: blogs, facebook, youtube, twitter…ofrecen un amplo abano; pero temos un reto enorme, que é discernir cando a información é veraz e cando non: aos poderes políticos, económicos e ideolóxicos de toda orde ábreselle milleiros de posibilidades de control non só dos medios senón das nosas opinións. Ainda máis
A educación do século XXI.
Deben existir poucas verbas que consigan un debate tan amplo, difícil e cheo de connotacións alleas a se mesma coma a educación.
Os dereitos da infancia.
Por Dereitos da Infancia entendemos o conxunto de normas internacionais que protexen as persoas ata os dezaoito anos. Estes dereitos son irrenunciables e inalienables, polo que non poden ser vulnerados por ninguén en ningún caso. A Convención dos Dereitos dos Nenos de 1989 recoñece ás crianzas como titulares activos, isto é, non son só beneficiarias senón tamén promovedoras e transformadoras.
“As crianzas teñen dereito a dar a súa opinión e que sexa tida en conta. Teñen dereito á liberdade de pensamento, de crenzas e de relixión.” Ainda máis
Os dereitos da terra coma dereitos fundamentais.
Sempre, pero cunha urxencia maior nestes tempos, cómpre reflexionar sobre a relación o ser humano coa natureza, Está a natureza ao noso servizo? Somos parte dela? A natureza ten dereitos? Debemos garantilos de ser así?
Garantías constitucionais nos dereitos fundamentais.
O dereito á alimentación é un dereito humano que garante o acceso e gozo dunha alimentación digna, sexa producindo o propio alimento ou adquirídoo; para poder producir, unha persoa necesita terra, sementes, auga e outros recursos, e para compralo, necesita diñeiro e a posibilidade de acceder ao mercado. Ainda máis