O dereito á alimentación é un dereito humano que garante o acceso e gozo dunha alimentación digna, sexa producindo o propio alimento ou adquirídoo; para poder producir, unha persoa necesita terra, sementes, auga e outros recursos, e para compralo, necesita diñeiro e a posibilidade de acceder ao mercado.
O dereito á alimentación require que os Estados proporcionen o espazo no que as persoas se poidan desenvolver plenamente para producir e procurar unha alimentación para si mesmas e para as súas familias; pero este non é o escenario actual, Non chega con ter dereito: temos que ter a garantía legal de que se cumpra; éste é o termo legal para designar a normativa de tutela dun dereito: esténdese ademais ao conxunto dos poderes públicos e privados, estatais ou internacionais.
As garantías son previstas sabendo que existe a violación do dereito, afirma a desconfianza sobre o exercicio do poder, e oponse por tanto, á idea dun poder
bo; un estado con rixidez constitucional, subordinando ao poder político, xurídico e lexislativo.
Que está a pasar? A expresión clásica de democracia, baseada nas liberdades individuais e a división de poderes (o contrario do absolutismo) converteuse en dous absolutismos hoxe en día: a da maioría, e a do mercado, poder politico e económico.
Este é o escenario: non manda a lei, manda o poder; o que produce o feito de que existan dereitos non garantidos; o problema non é a súa inexistencia, senón a lagoa a cubrir por parte da lexislación correspondente: é máis que nunca necesario a existencia de normas legais para garantir todos os dereitos, fronte a todos os poderes, públicos e privados en todos os planos, tanto do dereito estatal coma do dereito internacional.
Os dereitos fundamentais afirmáronse sempre ao facerse patente unha opresión ou unha discriminación que en certo momento se valorou como inaceptable. Son conquistados polos movementos revolucionarios, mais neste pasado século non se desenvolveron as garantías dos dereitos nin nas constitucións nin nas convencións internacionais.
Autor Equipa do Enrédate radio.