Auga plastificada.

Segundo a OMS no 2025 haberá 2.888 millóns de persoas sen acceso á auga potable. Actualmente Mozambique recibe 5 litros por persona ao día, Estados Unidos 575 L.

Auga plastificada

A moda da auga embotellada comeza nos anos 70; nesta década o volume que se comercializa a nivel mundial é de 1.000 millóns de litros. Nos 80 a cantidade dóbrase e a partir de aí aumenta de maneira exponencial até chegar no 2012 aos 9.000 millóns de litros!

A estafa. O 90% do custo é debido ao embasado.O prezo do litro de auga na garrafa supera ao da gasolina. En calquera cafetería mercamos a botella de 330ml por 1€.

A mentira.Na publicidade asóciase a auga embotellada coa natureza, a saúde, o deporte e a beleza, facendo crer que é mellor ca auga da billa. Pero son frecuentes os casos de contaminación, tanto por bacterias, como polo propio plástico, bisfenol A o ftalatos.1

A privatización. A auga tería que ser un ben común. Moitas comunidades están en loita polo dereito á auga contra as multinacionais. Un exemplo claro é o de Chiapas: a empresa Coca Cola “una de las compañías patrocinadoras del Foro Mundial del Agua, intenta asegurarse el control de las reservas más importantes de agua de ese país”.2

Peter Brabeck-Letmathe, actual presidente do grupo multinacional Nestlé, afirma que “a agua non é un dereito; debería ter un valor de mercado e ser privatizada”3

A desfeita ecolóxica. O plástico tarda 700 anos en descompoñerse e o 80% das garrafas non se reciclan. Pola transformación de cada 1.000 L de petróleo libérase a atmosfera 1 TM de dióxido de carbono.

Fan falla 100 millóns de litros de petróleo para fabricar mil millóns de botellas.

Alternativas. Beber auga da billa, é potable e pasa máis controles que calquera auga embotellada. Se sabe a cloro déixase repousar, ou fíltrase. Outra boa idea sería recuperar as fontes. Ti decides: auga que non has de beber….

Autora: Ánxeles B.F.

1 Exemplo recente: http://www.lanacion.com.py/articulo/109212-analizaran-agua-mineral-que-estaria-contaminada
2 http://www.saboteamos.info/2010/08/19/coca-cola-la-nueva-duena-del-agua-en-mexico/
3 http://elprogreso.galiciae.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *