Na escena actual da sociedade da información, estamos ante un dos retos mais grandes deste século: que historias cremos, cales contamos e cales eliximos que permanezan.
“Temos todos os medios ao alcance para que a información chegue a todas as partes e sexa un ben para todas, pero temos un reto enorme, que é discernir cando a información é veraz e cando non.”
Temos todos os medios ao alcance para que a información chegue a todas as partes e sexa un ben para todas: a tv, radio, prensa, xunto coas novas plataformas dixitais e redes sociais: blogs, facebook, youtube, twitter…ofrecen un amplo abano; pero temos un reto enorme, que é discernir cando a información é veraz e cando non: aos poderes políticos, económicos e ideolóxicos de toda orde ábreselle milleiros de posibilidades de control non só dos medios senón das nosas opinións. Ainda máis