Na escena actual da sociedade da información, estamos ante un dos retos mais grandes deste século: que historias cremos, cales contamos e cales eliximos que permanezan.
“Temos todos os medios ao alcance para que a información chegue a todas as partes e sexa un ben para todas, pero temos un reto enorme, que é discernir cando a información é veraz e cando non.”
Temos todos os medios ao alcance para que a información chegue a todas as partes e sexa un ben para todas: a tv, radio, prensa, xunto coas novas plataformas dixitais e redes sociais: blogs, facebook, youtube, twitter…ofrecen un amplo abano; pero temos un reto enorme, que é discernir cando a información é veraz e cando non: aos poderes políticos, económicos e ideolóxicos de toda orde ábreselle milleiros de posibilidades de control non só dos medios senón das nosas opinións.
A desaparición de profesionais da comunicación que outrora cobrían con rigor e seriedade, a fusión dos medios en grandes grupos de comunicación que funcionan como lobbys ao servizo dos poderes políticos e económicos no canto de fiscalizalos; os usos malintencionados da linguaxe, da publicidade, dos sucesos, dos xuízos, ou os retoques de fotografías; a censura que volve ser unha práctica habitual dos medios; a desacreditación dos movementos sociais que xorden espontaneamente da opinión pública…son algunhas das malas prácticas que inundan os medios de comunicación.
Esta situacións poñen ás persoas na necesidade de ter que ser responsables de onde se informar: comprobar as fontes, contrarrestar opinións, valorar o rigor das información, analizar e reflexionar sobre o que acontece o seu arredor… é por todo isto que é mais necesario ca nunca conseguir métodos que garden códigos que preserver contra a contaminación da mentira, o desentendemento, o odio, a violencia.
A liña que debería ser inquebrantable para alcanzar isto é o respecto aos principios fundamentais dos dereitos humanos e ás liberdades civís. Un fondo ético de valor universal.
“Pódese enganar a todos nalgunha ocasión, mesmo se pode enganar a moitos durante
algún tempo, pero non se pode enganar sempre a todo o mundo.” Abraham Lincoln
Autora Enrédate Radio.