Estáis todos locos.

 “¡¡¡Estáis todos locos!!!! Sólo a personas que no estén bien de la chaveta se les ocurre andar en bicicleta por Vigo!!!!”

masa crítica

Esta reacción aconteceume o outro día mentres me facían unha proba de difusión pulmonar no hospital Xeral. Debo recoñecer que a resposta foi instantánea…. “señora, partindo do suposto de que eu estea tolo por ir en bici, explíqueme por que vostede non o está por aventurarse todos os días no seu coche cando proporcionalmente vostede duplica a probabilidade que eu teño de morrer en carretera”. Acabou a conversa, só un aceno irónico de quen non sabe manter unha conversa constructiva porque se lle acaban de romper todos os criterios preestablecidos.

Sinceramente nunca entendín ese concepto tan marcadamente patrio sobre a peligrosidade da bicicleta. Lembro á miña nai o día que deixei de lado a tarxeta de Vitrasa para convertir a bicicleta no meu medio de transporte por Vigo. Parecía que se estaba a despedir de min. O seu fillo acababa de converterse en carne de canón para os accidentes de tráfico, terminaría por converterse nunha esquela nun xornal, nun número máis nas estatísticas da dirección xeral de tráfico. NON, nada máis lonxe da realidade.

“O mero feito de subirte a un artiluxio de dúas rodas sen motor xa é en si un acto de liberdade. Liberdade por depender dun mesmo.”

Desterremos os estereotipos. Andar en bicicleta é moito máis seguro que facelo en coche ou en motocicleta. Andar en bicicleta ten unha relación directamente proporcional coa mellora da calidade de vida das persoas, quen se desplaza todos os días en bicicleta polas súas respectivas vilas e cidade vive de media 11 meses máis malia estar sometido a unha proxección directa dos tubos de escape dos vehículos, as condicións psicofísicas das persoas que se desprazan a traballar todos os días en bicicleta fan que as súas taxas de productividade se dupliquen con respecto ás dun traballador normal. Pero sobre todo, andar en bicicleta sempre foi unha forma de reivindicación. O mero feito de subirte a un artiluxio de dúas rodas sen motor xa é en si un acto de liberdade. Liberdade por depender dun mesmo, liberdade por ser ti o que elixes o camiño a seguir, liberdade por ser capaz de andar libremente dunha orixe a un destino, liberdade por romper co establecido, a fin de contas.

Masa Crítica de Vigo. Todos os últimos venres de mes ás 20h na entrada do IES Santa Irene (Praza de América). Vigo.

Autor Gael Sande Avendaño, Membro de Masa Crítica Vigo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *