Os cárceres campos de exterminio

cárcereCárcere de Carabanchel
Foto: Adriano Agulló

Polos anos 80, drogodependentes, homosexuais e personas cualificadas como promiscuas pasaron a formar parte dunha “casta”, case como uns “intocables”.

O alto goberno, a Igrexa e certos estamentos dos Ministerios de Xustiza e Interior, idearon unha fórmula para acabar con esta “lacra”. Inventaron unha fórmula que os beneficiaba a todos eles a costa de que, nunha década, se perdese unha xeración. Ainda máis

A sociedade do medo.

medoVivimos nunha sociedade con medo. Medo ao descoñecido, ao de fóra, ao veciño. Os informativos son unha sucesión de historias morbosas sobre roubos, agresións e mortes violentas que conforman unha foto da realidade moi distorsionada. Así que acabamos por entrar na paranoia nacional e pensamos que estamos nun país con gran inseguridade cidadá e que precisamos endurecer as penas que existen xa que así frearase o crime e viviremos con máis paz. Ainda máis

Que é o cárcere?

Institución onde se interna ás persoas sentenciadas a través do sistema xurídico a unha privación de liberdade, permanente ou temporal, por non cumprir as leis establecidas polo goberno.

Cómo xorde o cárcere?

Nun principio, o concepto cárcere referíase a un lugar de custodia, onde o presos esperaban coñecer ou ver executada a súa condena.

Non será ate a Inglaterra do século XVI cando a prisión se afianza como método para cumprir pena, como foron as “Casas de corrección”, onde se xuntaban presos xulgados, vagabundos e enfermos mentais, coa finalidade de ser un lugar de rehabilitación cara á sociedade. Ainda máis