Cárcere de Carabanchel
Foto: Adriano Agulló
Polos anos 80, drogodependentes, homosexuais e personas cualificadas como promiscuas pasaron a formar parte dunha “casta”, case como uns “intocables”.
O alto goberno, a Igrexa e certos estamentos dos Ministerios de Xustiza e Interior, idearon unha fórmula para acabar con esta “lacra”. Inventaron unha fórmula que os beneficiaba a todos eles a costa de que, nunha década, se perdese unha xeración.
Foron eles os que facilitaron a entrada de droga no noso país.
“Nos cárceres se falsificaron analíticas e diagnosticaron falsos VIH”
Eles fixeron cárceres máis modernas, máis ailladas e con rexímenes máis duros.
Fomentaron o estigma do SIDA e sementaron de cadaveres de xente nova o país.
Para eles esta era unha forma de terminar con aqueles aos que vían como delincuentes.
Hai que ter en conta que os Ministerios de Xustiza e Interior destinaban a Institucións Penitenciarias pluses por cada enfermo con esta enfermidade, tanto se se atopaba na fase inicial como se necesitaba de medicacion específica. Falsificaron analíticas e diagnosticaron falsos positivos de VIH. O negocio era redondo para moitos: aparte de traballo para avogados, xuíces, fiscais, policia,… lograron “infectar” e marxinar a gran parte da poboación reclusa deste país.
Cando fago estas afirmacións é porque teño probas disto.
Un seropositivo realiza sistematicamente análises cada tres ou seis meses. Así, durante a miña estancia en prisión (6 anos, 11 meses e 3 semanas, nas que vin caer a moitos compañeiros pola SIDA) realizáronme analíticas positivas periodicamente. Pero cando saín de prisión, e me puxen en mans dun especialista, dixéronme que non tiña nada.
O Dr. Ocampo, erudito na materia e eminencia de referencia en España, non quixo explicarme o porqué daqueles falsos positivos. En canto lle pedín explicacións, o seu talante dialogante transformouse nunha antipatía agresiva e sen cortarse un pelo invitoume a abandonar a consulta.
Normalmente tardábase mes e medio en ter o resultado destas probas. Pero tan pronto me deron o primeiro negativo, fixéronme outra analítica que tardou só 45 minutos en estar lista: NEGATIVO.
Intentei facerme oír, pero os meus intentos foron silenciados mediante longos procesos, dos que fago directamente responsables aos titulares dos devanditos ministerios nos anos indicados, nos que se impediu que eu recuperase a documentación necesaria para demostrar o que me aconteceu.
“Cantos compañeiros, desesperados, crendo que tiñan o VIH, pasaron os seus últimos anos no cárcere consumindo drogas duras”
Eu mantívenme firme no meu propósito de deixar as drogas duras xa na prisión. Pero cantos compañeiros, que puideron estar na miña mesma situación, desesperados, botaron a manta á cabeza e pasaron os últimos anos das súas vidas en prisión consumindo, e así facer máis levadeira a súa condena. Cantos serían falsos negativos que acabaron por contaxiarse e morrer antes de pisar a rúa.
Agora síntome un afortunado, pero en realidade, daquela nunca me sentín enfermo. Eles estaban empeñados en facerme creer que o meu futuro eran ao máximo 10 anos, pero eu negueime a tomar a medicación que a saber as secuelas físicas que me provocaría.
Aceptaron o consumo de drogas nos cárceres, pero ao seu xeito: permitiron a entrada de dogras nos pavillóns, pero non deron nin unha xeringa sanitaria. Coa maior das hipocrisías inventaron programas de reinserción e centros de desintoxicación que custaban millóns de pesetas. Pero aínda así, para acabar con aquela “lacra”, mataron personas que estaban sás. Aínda hoxe en día, ninguén se quixo facer cargo deste xenocidio.
Análise que me realizaron nun hospital fora do cárcere en xaneiro do 2000 e deu negativo
VIH.
Informe penitenciario de marzo do 2000 no que se fai constar que son VIH positivo.
Intentei denuncialo, pero todo se silenciou até lograr que prescribise a causa. Cunha investigación ben feita, teríase dado a posibilidade de depurar responsabilidades.
No lembro a toda a xente moza que quedou polo camiño, a dor das súas familias e un odio visceral a estas institucións e a eses asasinos de masas. Este é o resumo desta inxustiza,que a forza de repetirse, cobrou caracter de lei.
Mando o meu ánimo a todos aqueles portadores que dubidan de que o seu futuro sexa curto, e o meu apoio incondicional a esta loita contra a SIDA.
Interno 29554, alias escollido polo autor para manter a súa intimidade.