Editorial (Outubro).

portada19_baja

Imbuídas como estamos nun escenario político no que se están a confrontar “unionistas e secesionistas´´ tanto no estado español coma no Reino Unido, non vai de máis intentar aclarar, na medida do posible, que é iso da soberanía dun pobo e en que conceptos e valores se sustentan. É curioso fitar o problema dende o punto de vista teórico; vivimos nos tempos dos nacionalismos, máis este concepto fica prácticamente inasequible a calquera análise de índole teórica.

Polo tanto existe, de xeito perenne, unha clara desproporción entre a importancia do nacionalismo e a reflexión teórica que se lle proporcionou. A causa esencial desta falla ha de buscarse na propia modernidade do termo, froito de cambios políticos, sociais e culturais propios do período decimonónico. Mais non só de nacionalismos vive o horizonte político; no bando contrario, e situado á dereita, a globalización económica, o neoliberalismo global, vai erosionando de xeito galopante as propias identidades culturais, ben certo que provocando respostas de reafirmación nacional nalgúns casos, mais a meirande parte das ocasións propicia que as culturas minoritarias, en clara desvantaxe de oportunidades, fiquen esquecidas no caixón de xastre da historia.

E é precisamente nesta pugna, nesta dialéctica constante nos tempos que nos tocou vivir, por iso convén abrir ben os ollos para analizar convenientemente os problemas que van xurdir.

Redacción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *