Editorial

portada maioUN NOVO CICLO D’A BOIA

En Abril de 2013 saía do prelo A Boia, revista de Contracultura dende a Ría, coa pretensión de, tal e como se dicía nas súas primeiras liñas, “converterse nun altofalante das voces e olladas que flotan na Ría de Vigo e a súa contorna, e que nos protexen desa enorme marea negra que o contamina todo: o capitalismo.” A Boia nacía como unha iniciativa de carácter crítico e independente dun proxecto máis amplo que é ECOAR))) que, daquela, situábase como un espazo de confluencia de colectivos e activistas nese mesmo marco xeográfico da Ría de Vigo.

Sigue lendo

Editorial: dereitos dixitais

portada24

Internet que se orixinou na década dos sesenta comezou a tomar protagonismo na nosa vida cotiá na segunda metade dos noventa e é hoxe en día unha ferramenta indispensable mesmo para as accións máis superfluas do día a día.
A súa capacidade para “invadir” case tódolos ámbitos das nosas vidas vén dada polo seu valor como ferramenta de comunicación entre calquera punto do globo e pola súa posibilidade de acceso ilimitado á información. Isto foi empurrando aos gobernos cara ao establecemento dunha lexislación que regulase o seu uso, a cal provoca  en moitas ocasións a vulneración de liberdade de expresión e da protección de datos e privacidade das persoas usuarias.
No artigo IV da “Declaración de dereitos de internet do senado español” (9-12-1999) pódese ler que “garantiranse o segredo das comunicacións electrónicas e a privacidade dos datos”. Mesma idea de base que se recolle no Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos. Porén as informacións como as que indican que Facebook ou Myspace “entregan información relevante dos consumidores ás compañías de publicidade sen o consentimento do usuario”, amosan que na práctica os dereitos dixitais non son respectados polos gobernos e as grandes empresas.
Tendo en conta, que a venda datos privados move 100.000 millóns de dólares ao ano, segundo un estudio da consultora Roland Berger, faise patente a necesidade dunha reacción tanto a nivel individual coma colectiva, que denuncie como se esta a comercializar coas nosas informacións privadas. Expoñendo a quen comercia con dita información (Google, Facebook, Microsoft, Amazon…) quen a vende e quen está a mercala.
Cómpre informarnos e reeducarnos para non deixar na rede información sensible, e evitar expoñer á vista de todos datos cos que logo se poida comerciar. Así mesmo é importante compartir esta información con todos aqueles que poidamos, creando iniciativas por exemplo á hora de traballar en rede con ferramentas máis específicas que protexan os datos sensibles, ademais de denunciar abertamente o problema na procura dun marco que realmente defenda os nosos dereitos. Que internet siga sendo un espazo que horizontalice a sociedade ou que se converta nunha ferramenta máis dende a que consolidar unha sociedade inxusta depende de cada un e cada unha de nós.

Editorial (Novembro).

portada20

3.500 millóns. Na actualidade, esa é a cifra que define o número de persoas que se atopan no planeta en situación de empobrecemento.

Hoxe vivimos nun mundo onde as diferencias sociais entre as persoas son cada vez maiores; exemplo claro disto é que as 85 persoas máis ricas do mundo posúen tanto patrimonio como eses 3.500 millóns. E cada día, por desgraza, esa situación aumenta. Ainda máis

Editorial (Outubro).

portada19_baja

Imbuídas como estamos nun escenario político no que se están a confrontar “unionistas e secesionistas´´ tanto no estado español coma no Reino Unido, non vai de máis intentar aclarar, na medida do posible, que é iso da soberanía dun pobo e en que conceptos e valores se sustentan. É curioso fitar o problema dende o punto de vista teórico; vivimos nos tempos dos nacionalismos, máis este concepto fica prácticamente inasequible a calquera análise de índole teórica. Ainda máis

Editorial (Setembro).

portada18

Hoxe vivimos nun mundo no que a doutrina capitalista impón as súas normas e valores. As relacións que se establecen entre as sociedades e as persoas xéranse nun marco onde todo pode ser mercado e vendido.Un marco onde se entende que os coñecementos populares, os recursos naturais, as tradicións ou os dereitos dos pobos e as persoas, son unha mercancía máis á que se lle pode poñer un prezo. Enténdese, dende esa ollada retorcida, na que todo o existente pode ser privatizado e posuído e, polo tanto, pode ser obxecto de negocio por parte de quen lle pertenza. Ainda máis

Editorial (Agosto).

portada17Nestes tempos nos que o capitalismo, con afán infranqueable, persegue sacar rendibilidade das máis remotas nimiedades, hai un campo que cada vez vai fuxindo das súas redes; a cultura. Coa expansión das tecnoloxías dixitais, un punto en concreto fica varado no centro de discusión como símbolo da loita irreconciliable entre as capitalistas e as que non o son: os dereitos de autoría. As primeiras afirman que a autoría de calquera obra ha de ser posesión da persoa creadora coma se fora un ben máis, mentres que as outras sosteñen que o intento capitalista de reproducir a plusvalía no eido cultural priva de sentido á cultura ó cernarlle o obxecto polo cal é creada: a difusión. Aianda máis

Editorial (Xullo).

portada16A sociedade global actual ten no consumo unha das súas principais razóns de ser. Vivimos nun mundo no que a sobreprodución, a desinformación, a represión e o consumo son os alicerces centrais dun edificio conformado polas principais potencias económicas mundiais. Un edificio asentado sobre 3.500 millóns de persoas que viven por debaixo do albor da pobreza e sobre unha explotación dos recursos naturais completamente irracional e desmesurada. Ainda máis

Editorial (Abril).

portadaabril_webFascista! Hoxe en día é un insulto de uso común, ata perdeu o seu sentido orixinario. Hoxe en día, a nivel popular, en calquer conversa política, calquera, incluso un de dereitas declarado, pode lanzar os berros de Fascista! Nazi! ao seu oponente. Noutro tempo non era así, ser Fascista! Nazi! Falangista! podía tamén ser dito como unha cousa positiva,
para algúns significaba ser vanguardista, patriota, forte, disciplinado,… e o decían con orgullo. Ainda máis