Editorial (Abril).

portadaabril_webFascista! Hoxe en día é un insulto de uso común, ata perdeu o seu sentido orixinario. Hoxe en día, a nivel popular, en calquer conversa política, calquera, incluso un de dereitas declarado, pode lanzar os berros de Fascista! Nazi! ao seu oponente. Noutro tempo non era así, ser Fascista! Nazi! Falangista! podía tamén ser dito como unha cousa positiva,
para algúns significaba ser vanguardista, patriota, forte, disciplinado,… e o decían con orgullo.

Para que esto mudase foi preciso que un mar de sangue asolagara medio planeta. Hoxe en día, nas altas esferas gubernametais (en Madrid, en Bruselas,…) a palabra Fascismo é tabú. Se se dí, é como un vulgar insulto, ou, xa máis seriamente, referíndose a acontecementos do pasado. Na Unión Europea non preocupa o
“Fascismo” actual, se acaso o que preocupa é a “Xenofobia”, sempre a dos demáis paises, nunca a propia. A hipocresia do capitalismo é atroz.

Fascistas e xenocidas son os gobernos europeos, cando entroques de repartir a riqueza e apoiar a educación, adican recursos a reforzar as fronteiras e as forzas de represións. Fascista e criminal é a UE cando non se opoñen aos criminais de Amencer Dourado en Greza, ou apoia os de “Svoboda” en Ucrania. Fascista e hipócrita era a UE cando, saltándose os eus propios principios, discriminaba nas súas propias institucións aos migrantes de Bulgaria e Rumania. Indudablemente fascista e asesina é a actuación da Guardia Civil e o Ministerio de Interior español na praia de Ceuta, e noxentamente fascistas e antihumanas son as deportacións de xitanos en Francia e Italia.

O fascismo medra en Europa. A Fronte Nacional en Francia, Partido da Liberdade en Austria, Unidade Nacional Ataque en Bulgaria, Partido pola Liberdade en Holanda, Partido Popular en Suíza ou Partido do Progreso en Noruega, Amencer Dourado en Greza, “Svoboda” en Ucrania,… son partidos fascistas, declaradamente xenófobos, que aumentan seu poder coa complicidade doutros partidos da dereita parlamentaria, a indolencia de amplos sectores da cidadanía e o interese da oligarquía internacional, que prefire que os pobos se autodestrúan antes de que se revolvan contra ela.

contraportada13_web

Ante esta amenaza só falta que os defensores da xustiza e a liberdade nos unamos.

Hoxe máis que nunca:
acción antifascista!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *