Que é o fascismo?

O fascismo é unha ideoloxía e movemento político que pretende a superación da democracia e impedir o auxe do movemento obreiro. O obxetivo manifesto de cada un dos movementos fascistas é a abolición da diversidade política e social no seu país. Así pois, os fascistas, mediante a institución dun partido único, un estado forte e unha férrea encadramento social, pretenden impor un modelo nacional determinado, no que as ideas e persoas “antinacionais” son perseguidas e aniquiladas pola forza.

“O obxetivo manifesto de cada un dos movementos fascistas é a abolición da diversidade política e social no seu país.”

Como se orixina e se propaga o fascismo?

O primeiro goberno fascista foi o de B. Mussolini en 1922. Rápidamente, as  ideas e prácticas do fascismo italiano foron imitadas noutros paises europeos. Trala crise do 29 o fascismo medrou, chegando ao poder tamén en Alemania, España e outros paises de Europa. A  finais dos anos 30 o xenocidio fascista comezou a operarse en toda Europa. O desenlace de II Guerra Mundial significou o fin para algúns gobernos fascistas, pero mantívose no poder en España e Portugal. Posteriormente, Greza (1967-74), Chile (1973-90) e Arxentina (1976-83) tamén padeceron dictaduras militares fascistas.

Xeralmente, o auxe do fascismo prodúcese nun contexto de crise económica, descontento e movilización social. As clases dominantes, que ven en risco a súa hexemonía, movilizan a grupo paramilitares (como en Italia e Alemania), ao exercito regular (Greza, Chile,…) ou a ambos (España), para, despois de quebrar a democracia, impor unha “nova” orde. Usualmente estes golpes fascistas son apoiados dende fóra por potencias extranxeiras (Alemania e Italia en España; EE.UU. en Chile, Greza,…) interesadas en manter e ampliar a súa explotación capitalista neses paises.

Actualmente Amencer Dourado en Greza, a Fronte Nacional en Francia, o Partido da Liberdade en Austria, “Svoboda” en Ucrania, Movimento Social Republicano no Estado Español, … son forzas fascistas que amenzan con replicar o acontecido coa anterior gran crise capitalista.

Bertold Bretch

Bertold Brecht, “Estar contra o fascismo sen estar contra o capitalismo, rebelarse contra a barbarie que nace da barbarie, equivale a reclamar unha parte da tenreira e oporse a sacrificala”.

Por que se caracteriza o fascismo?

  • O papel do líder e o culto á personalidade. Os sistemas fascistas caracterízanse por unha estrutura completamente vertical na que o líder é presentado como o único intérprete da vontade popular e da patria.
  • Patriotismo extremo e xenofobia. A “raza” propia é exaltada en detrimento das visións igualitarias e fraternais da humanidade.
  •  Vulneración dos Dereitos e Liberdades das persoas. O fascismo anula ao individuo en prol dunha visión gregaria da sociedade.
  • Obsesión coa orde e a forza. O medo emprégase como escusa para controlar á poboación. As forzas represivas (policía, militares,…) son reforzadas ate que teñen un papel central na estrutura do estado fascista.
  • Marcaxe e eliminación das persoas inimigas. Todas as minorías (raciais, relixiosas, ideolóxicas,…) son descalificadas como “lacras”, “terroristas”, “parásitos”,… e posteriormente atacadas e aniquiladas.
  • Control absoluto dos medios de comunicación, por mecanismo como: a censura, as amenazas e asasinato de xornalistas, o feche forzoso de medios opositores, a subvención a medios afíns,….
  • Clientelismo e Corrupción. O estado fascista é corporativista e xerárquico, no que as atribucións de cargos e retribucións públicas faise polo interese de redes clienterais, e non do ben común.
  • Desprezo dos intelectuais, o racional e a creatividade.Todo tipo de liña intelectual que cultive o posicionamento crítico é despreciada e aniquilada polos réximes fascistas, que se basean no dogma, o populismo e a educación militarista.
  • Supresión da diversidade política e da organización popular. Os dereitos para a libre participación política son suprimidos; a asociación, reunión e sindicación restrínxese ás organización que marque o réxime (partido único, sindicatos verticais, seccións xuvenís e femenina,…)

“O medo emprégase como escusa para controlar á poboación. As forzas represivas (policía, militares,…) son reforzadas ate que teñen un papel central na  estrutura do estado fascista.”

Como se relacionan fascismo e capitalismo?

O capitalismo baséase no dominio dos medios e bens de produción por un grupo reducido de empresas e persoas. Así pois o capitalismo vive nunha tensión constante que fai que ciclicamente a clase popular se organice e responda ao sistema establecido. Perante estas situacións as elites responden a través do fascismo, que institúe un estado supostamente “novo” no que o capitalismo, eliminada xa a resposta e oposición popular, poda perpetuarse unha vez.

Que podes facer ti?


Infórmate de xeito crítico para escapar das concepcións xeralistas, dogmáticas e baseadas nos prexuízos sociais que defende o sistema fascista. Mobilízate en todas e cada unha das ocasións nas que vexas que se trata a algúns seres e colectivos como algo “inferior”. Intégrate en colectivos e/ou iniciativas que combaten o fascismo sistémico de xeito directo (plataformas e asociacións antifascistas) ou indirecto (asociacións en prol dos dereitos humanos, das persoas  estranxeiras,…)

Autoría ECOAR)))

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *