Editorial (Agosto).

portada17Nestes tempos nos que o capitalismo, con afán infranqueable, persegue sacar rendibilidade das máis remotas nimiedades, hai un campo que cada vez vai fuxindo das súas redes; a cultura. Coa expansión das tecnoloxías dixitais, un punto en concreto fica varado no centro de discusión como símbolo da loita irreconciliable entre as capitalistas e as que non o son: os dereitos de autoría. As primeiras afirman que a autoría de calquera obra ha de ser posesión da persoa creadora coma se fora un ben máis, mentres que as outras sosteñen que o intento capitalista de reproducir a plusvalía no eido cultural priva de sentido á cultura ó cernarlle o obxecto polo cal é creada: a difusión.  No transfondo do asunto déixase presumir unha loita que remite a esencia mesma da propiedade privada. Enténdese que a propiedade privada xorde como dereito inalienable da propia produción do ser humano na natureza, non é difícil reempregar este argumento no eido da propiedade intelectual. Como diciamos antes, esta restrición do acceso do ser humano ás máis grandes producións do seu espírito invalida de senso o propio acto de crealas. O proceso resulta aínda máis delitivo cando, tras esta pátina de honradez ideolóxica por parte do capitalismo, non se agocha máis que a persistente teima de sacar lucro a cada cousa susceptible diso.

De feito, un dos argumentos esgrimidos con teimosa frecuncia polos últimos Ministerios de Cultura do goberno do Estado español así como pola SGAE é a lapidaria ameaza de morte que persegue á cultura se non se lle pon freo á copia. Sen os dereitos de autoría, cánones dixitais, peches de páxinas de descargas, persecución policial de  cibernautas,etc…, as persoas autoras que produzan cultura morrerán irremediablemente de fame, devolvendo ó homo sapiens a un primitivo e perigoso estado precultural. Nembargantes a historia amosa precisamente ó contrario; foi coa entrada da imprenta (un fenómeno totalmente comparable a dixitalización das obras na era da world wide web), e a súa consecuente difusión, cando a cultura acadou os seus séculos dourados. De feito a nomenclatura peiorativa de “pirateria´´ agacha unha asimetría moi tendenciosa; mentres que o diálogo artístico entre os clásicos chámase estudo de fontes no eido académico, para a SGAE e referido as persoas autoras contemporáneas o mesmo vaivén tíldase de plaxio.

As mesmas persoas que diatriban contra a multiplicación de canles de difusión non o fan porque lles preocupe en exceso o declive cultural, senón porque se lles restrinxe a percepción dus ingresos que elas entenden como negocio. Nos pola nosa parte entendemos que un sistema cuxa continuidade depende da universalización da ignorancia para proveito privado é un sistema inmoral. Destruilo é sinxelamente un paso mais na longa historia da loita pola liberdade.

contra17

Redacción.

Ilustracións Skio

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *