Que é a cultura libre?

A cultura libre é un movimento que se xéra en radical resposta ás restriccións que impoñen os dereitos de autor. Propugna a liberdade na distribución e modificación do traballo creativo para así acabar coas restriccións que impoñen os dereitos de autor, pois enténdese que estos abafan a creatividade.

Que son os dereitos de autoría?

Os dereitos de autoría é un conxunto de normas e principios xurídicos que afirman os dereitos morais e patrimoniais das autoras polo só feito da creación dunha obra literaria, artística, musical, científica ou didáctica, ben sexa inedita ou publicada. Está recoñecido como un dos dereitos fundamentais na Declaración Universais de Dereitos Humanos.

“O dominio público implica que as obras poden ser explotadas por calquera, mais sempre respetando os dereitos morais das súas autoras”

tjThomas Jefferson
“Quen recibe unha idea de mín, recibe instrucción sen diminuir a miña; igual que
quen prende a súa candea coa miña, adquire luz sen deixarme a min a escuras”

Qué implica unha situación de dominio público?

Unha obra pasa ó dominio público cando os dereitos patrimoniais expiraron. Isto acontece habitualmente transcurrido un prazo dende a morte da autora. O prazo mínimo a nivel mundial, é de 50 ano e está establecido no Convenio de Berna, ainda que en moitos países ese prazo ampliouse significativamente (no Dereito europeo, por exemplo, son 70 anos despois da morte do autor).

Esto básicamente implica que as obras poden ser explotadas por calquera persoa, mais sempre respetando os dereitos morais das súas autoras (o recoñecemento da autoria orixinal) pois o que en realidade finaliza son os dereitos de carácter patrimonial. Compre entender que a situación de dominio público (no tocante as obras anteriormente explicitadas) deuse durante toda a historia da humanidade até a creación dos dereitos de autoíar fai tres séculos.

E a de contido libre?

Ao suprimirse as restriccións legais no tocante ó dereito de uso, liberarse a redestribución ou a creación de versións modificadas ou derivadas por parte de terceiras persoas. Dado que, por omisión, a lei otorga ás propietarias de dereitos un control total sobor as súas creacións, é necesario declarar de forma explícita que unha obra é libre, xeralmente por medio da referencia ou inclusión de claúsulas de licencia que acompañen á obra.

“As Creative Commons permiten as autoras liberar certos dereitos que terían reservados por lei”

Qué é Creative Commons?

Creative Commons (traducible como “Comunalidades creativas”) é unha organización sen ánimo de lucro cuxa finalidade é facilitar a difusión e a utilización do traballo creativo por parte de calquer persoa. Esta organización ofrece unha serie de cláusulas xurídicas que permiten á autora “liberar” certos dereitos que tería reservados por lei. É necesario engadir que as licencias Creative Commons non reemprazan os dereitos de autoría, senón que simplemente permiten á autora modificalos termos e condicións da licencia da súa obra de xeito que libera aqueles que considere oportuno.

Qué é o Software libre?

É o software que respeta a liberdade de todolas usuarias que adquiriron o producto para pode ser usado, copiado, estudiado, modificado e redistribuido libremente.

O software libre acostuma estar disponible gratuitamente, ou a precio do custo da distribución; sen embargo non é obrigatorio que sexa así, polo tanto non hai que asociar “software libre” a “software gratuito” (freeware) xa que, conservando o seu carácter de libre, pode ser distribuido comercialmente.

De xeito semellante, tampouco debe confudirse software libre con software de dominio público. Este último é aquel software que non requiere de licencia, pois os seus dereitos de explotación son para toda a humanidade, porque pertence a todos por igual. Calquera pode facer uso del, sempre con fines legais e consignando a súa autoría orixinal. Este software sería aquel cuxa autora donao á humanidade ou cuxos dereitos de autoría xa remataron, tras un prazo contado dende o pasamento deste. Se unha autora condiciona o seu uso baixo unha licencia, por moi feble que sexa, xa non é de dominio público. Estas son as 4 liberdades que un software ha de garantir:

  • A liberdade de poder utilizar o programa independentemente do propósito.
  • A liberdade de estudar cómo funciona o programa e modificalo, adaptándoo ás necesidades.
  • A liberdade de distribuir copias do programa, co cal podes axudar ao teu veciña.
  • A liberdade de mellorar o programa e facer públicas esas melloras ós demais, de xeito que toda a comunidade sexa benificiaria.

Estes catro principios son os mesmo que rixen a eventual clasificación de calquer tipo de obra cultural como libre.

17-3Foto: Han Soete

E ti que podes facer?

Participa da creación e difusión da cultura libre, achegate a eventos culturais que defendan a libre difusión da cultura, apoia a editoriais, grupos e artistas en xeral que difundan as suas creaccións baixo licencias Creative Commons. Adirete a asociacións que defendan a cultura libre ou funda unha, participa de alternativas como festivais, feiras do libro alternativas, radios libres.

Ecoar))).

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *