Todos os xornais celebraron o pasado 26 de agosto o cese da guerra entre Israel e Palestina, que pon fin aos 50 días de bombardeo e destrución sobre a franxa de Gaza.
Sempre é de celebrar o fin dunha guerra, pero é difícil crer que sexa o fin dun conflito que leva décadas aberto. Por que Israel se vai deter agora despois de tanto empeño por quedarse con todo o territorio e cando prácticamente o obxectivo está conseguido?
Houbo moitas campañas de presión, contra Israel, EEUU e os países europeos, que non conseguiron poñerse de acordo para levar adiante unha resposta conxunta exixindo que se cumplisen a lexislación internacional e os acordos asinados. Campañas de artistas e xentes do mundo da cultura, tamén de divulgación e recollida de sinaturas contra determinadas empresas que colaboran con Israel beneficiándose desta situación de conflito: bancos, como o Barclays, que invisten en provedores de armas, a empresa HewlettPackard que prové de sistemas de vixilancia para controlar os movementos
dos palestinos, a multinacional Caterpillar que proporciona escavadoras para destruír
as súas casas e campos…
Os intereses neste conflito disfrázanse de relixiosidade, o estado manipula e alimenta o fundamentalismo, como no caso dos colonos xudeos que ocupan ilegalmente as terras palestinas porque cren que esta é a súa “terra prometida”.Aconteceu isto ao longo da historia, no nome da calquera deus se procura riqueza e dominio baseándose no exterminio do”infiel”.
“Os intereses neste conflito disfrázanse de relixiosidade, o estado manipula e alimenta o fundamentalismo”
Pero hai que engadir que en Israel hai moitas persoas no cárcere por negarse a facer o servizo militrar, obrigatorio para homes (36 meses) e mulleres (24 meses) de 18 anos. Obxectores de conciencia que se negan a participar na ocupación de Palestina.
Neste caso, Israel busca colonizar territorio e EEUU, como potencia amiga, a súa parte: situación extratéxica no Oriente Próximo.
Ou, será o gas? como di Nafeez Ahmed 1no seu último artígo en The Guardian: “O ataque do exército israelí contra Gaza ten como obxectivo o control da reserva de gas natural palestino, valorada en 4.000 millones de dólares, a fin de evitar unha crise enerxética en Israel”
Nota1: xornalista de investigación, experto en seguridade internacional
Anxeles B.F.
Pingback: Entrevista ás colaboradoras d’A Boia | Revista A Boia