Por que se seguen a ocupar os territorios palestinos?

Esta era a pregunta que se facía o economista israelí Shir Hever no seu libro A política económica da Ocupación Israelí.

bds-galiza

A Ocupación foi rendible nos primeiros vinte anos da mesma dende o punto de vista da sociedade israelí, pero dende os anos 80, co comezo da 1a Intifada, o custo que Israel ten que pagar para manter a ocupación supón un 9% do seu presuposto (construción das colonias, financiamento dos colonos, accesibilidade), sendo o custo principal a seguridade: tanto militar coma privada, facéndoa pouco rendible para a sociedade israelí.

Entón, cales son os beneficiarios a día de hoxe? Pódese dicir que os grandes beneficiarios son sobre todo as empresas israelís, a industria armamentística e os
bancos israelís. Centrándonos no sistema bancario israelí, este atópase directamente relacionado co financiamento das colonias e ademais é quen controla o mercado  financeiro palestino.

Trala firma dos Acordos de Oslo, negouse o dereito dos palestinos a ter a súa propia moeda, dándose un gran paradoxo: os traballadores do West Bank cobran en dólares e dinares xordanos, principalmente, pero nunca en shekels, cando é esta a moeda de uso cotiá. Este feito obriga aos bancos palestinos a firmar acordos coa banca israelí para poder facer fronte ás demandas da sociedade, sendo soamente uns poucos bancos palestinos aos que se lles permite facer este tipo de acordos coa banca israelí. Estes acordos levan a un aumento no custo do shekel, debido a que os bancos israelís limitan
a cantidade de transferencia de shekels pero non o número destas, aplicándolles
unhas elevadas comisións que poñen en risco o sistema bancario palestina; e
que encarecen o custo para o usuario, esmorecendo así a xa de por si esmorecida
economía palestina.

Iria Cobaleda , BDS-Galiza

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *