Que é o diñeiro? (Segunda parte)

Tan importante como a forma de diñeiro que temos é o volume de diñeiro que se pon en circulación. Da relación entre o diñeiro e mercancias en circulación depende o valor do diñeiro (o fenómeno da inflacción/deflacción).

Na actualidade o diñeiro é creado pola norma da reserva fraccionaria: a banca comercial pode prestar ata o 99% do diñeiro que nela é depositado. Asi por exemplo, dunha nómina de 1000 euros, o banco pode crear outros 990 en forma de préstamo; e dese prestamo de 990 euros (incluso antes de recuperalo) outros 980,10, e así nunha progresión  exponencial de centos, miles, millóns,… de prestamos (dos cales o banco gaña  intereses). Este é o poder real da banca: xera diñeiro a partir desta débeda.

 

Que podes facer ti?

Na túa contorna ofrécense alternativas que podes realizar a título particular ou de xeito comunitario. Catro exemplo serían:

  • Facer troco. O troco é o intercambio sen diñeiro, é o xeito máis directo e menos xerárquico de comercio. En Vigo leva anos funcionando o “Vigotroca” (http://vigotroca.arkipelagos.net/), un portal de internet onde podes atopar e ofrecer bense servizos para trocar.
  • Usar moeda social. Cando unha moeda é creada por unha comunidade pequena en vez dun estado ou banco e chamada moeda social. Estas moedas permite as comunidades emisoras crear un novo mercado, cunhas normas axeitadas aos seus obxetivos económicos: por exemplo fomentalos productos locais, ecolóxicos, cooperativos,… Un exemplo de moeda social é a que empregan os socios da Alg-lab de Valadares.
  • Formar parte dunha cooperativa de financiamento. As cooperativas de crédito son sociedades cooperativas que suplen as necesidades de financiamento dos seus membros e máis de terceiros. Estas cooperativas van ligadas sempre a un determinado ámbito territorial definido nos seus estatutos.
  •  Apoiar a creación dunha banca pública. Unha banca que estea baixo control popular e que oriente á inversión ao tecido produtivo, á economía real, da que depende a creación e supervivencia dos postos de traballo, prohibindose as prácticas da economía especulativa.

gráfica diñeiroA combinación do diñeiro fiduciario (avalado polo estado) e a reserva fraccionaria (o diñeiro creado polo prestamo banca-rio) é a responsable da actual situación do Euro.
Fuente:Wikipedia.

Autor Redacción A Boia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *