O diñeiro é un símbolo que un conxunto de persoas adoptan como elemento clave dun sistema de intercambio de bens e servizos. É dicir trátase dunha convención social, pola cal a un obxecto se lle asigna un valor determinado que sirve de referencia para todas aquelas cousas que esa sociedade considera intercambiables (unha barra de pan, un traballo, un portavións, a vida dunha persoa, unha pena xudicial,…)
Por que existe o diñeiro?
O diñeiro permitiu desenrolar o comercio máis aló das limitacións do troco (directo, instantáneo e presencial). Mediante o mercado en base ao diñeiro as comunidades puideron construir unha rede na que pór en circulación os seus excedentes e coñecementos.
O diñeiro é bo ou malo?
Nin unha cousa nen outra. O diñeiro é un instrumento, unha ferramenta (moi poderosa), e como tal depende de que fins permita obter.
Nas sociedade monetarizadas cada un/ha participa na economía sen perseguir un obxectivo común senón o seu particular: conseguir diñeiro.
Nestas sociedades aparece fácilmente a especulación económica, cuxos efectos son moi nocivos para a sociedade: o traballo e os recursos son destinados a unha producción que nunca vai a ser consumida. Un exemplo de economía especulativa é a española: a producción de vivendas e infraestructuras nunca atopou quen as consuma.
Como funciona o diñeiro? Que é o diñeiro fiduciario? Que é a reserva fraccionaria?
O diñeiro e un instrumento moi complexo cuxo funcionamento a maiora da xente
descoñece ou apenas comprende. Hoxe en día o diñeiro é manexado, creado e regulado, pola banca privada e as élites políticas, que non teñen interese algún en facer entender ao pobo como funciona o diñeiro.
A forma de diñeiro actual é a fiduciaria: aquel que se basa exclusivamente na fe das persoas que o empregan, xa que non existe ningunha correspondencia directa
entre este diñeiro e calquera cousa que teña valor de por si. A fe da xente nesta
forma de diñeiro baséase no respaldo legal dos estados que soportan cada unha das
moedas. Dende 1971, o goberno de Nixon rachou unilateralmente a convertivilidade
do “Dollar US” en ouro, convertindo así a todas as moedas do mundo en diñeiro fiduciario.
Autor Redacción A Boia