Superpoboación e superpoderes.

Superpoboación

O ser humano hoxe aprópiase de máis da metade da produción anual de biomasa. “Onde está o límite ao seu crecemento?”, pregúntase Alan Weisman no seu último libro, no que investiga a distribución da “superpoboación” nun planeta que se converte en campo de batalla polos recursos. Cita por exemplo, o caso dos recursos hídricos de Gaza e Cisjordania, únicos da contorna sen esgotar. Os territorios baixo control de Israel, teñen capacidade para soster a 3 millóns de persoas, mais xa son 12. Necesitan máis auga da que dispoñen, e as súas reservas esgótanse, como as do petróleo no planeta.

Cando Sadam era dos nosos e quería roubarlle o ouro negro a Irán, o monarca iraní pedía ás mulleres que tivesen fillos para repoboar o país. Estas responderon. Dez anos máis tarde, un membro do goberno alertou da incapacidade da súa economía para empregar a tanta xuventude. Iniciáronse entón políticas de control da natalidade, baseadas na educación e na distribución de anticonceptivos. Resultaron, e hoxe Irán ten crecemento cero.  Conseguírono antes que os chinos, coas súas violentas imposicións.

Non hai paz sen control demográfico. Disque o teito da poboación humana oscila entre 2 e 5 millardos, segúndo querencias, e as tecnoloxías das que dispoñamos. Precisamente, escoitei dun físico nuclear iraní, chamado Mehran T. Keshe, formado en Francia nos anos setenta e que ao parecer desenvolveu unha teoría da unificación magnética e gravitatoria baseada na interacción entre materia, antimateria e materia escura. Este home di estar perseguido e liberou por tanto as patentes dos seus inventos, disponibles xa para todos: mecanismos antigravitarios, naves espaciais, reactores de enerxía ilimitada, curación de moitas enfermidades… será verdade?

“Antes ben, é necesario tal desenvolvemento tecnoloxíco? Hoxe xa podemos repartir o que hai, ser felices, tomar colectivamente o camiño da paz e da sostibilidade…”

Antes ben, é necesario? Hoxe xa podemos repartir o que hai, ser felices, tomar colectivamente o camiño da paz e da sostibilidade… O asunto mete medo! Unhas poucas “superfamilias” parecen decidir o destino de todo o planeta, controlando a alquimia financieira, medios de produción, mecanismos demócraticos e exércitos… os resultados á vista están. De qué serán capaces con todos aqueles superpoderes tecnolóxicos, que tentarían posuir? Mellor iríamos todos se traballasen máis a decencia, a consciencia, e por que non, o amor.

Juan Pablo Forti

Foto: Zuhair Ahmad

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *