Os tiburóns gostan das augas cada vez máis cálidas do Gran Sol, cebándose nas pescadas que pescamos ao palangre. Houbo que moverse. A vida do mariñeiro é dura. Mesmo cando hai peixe, non sabe o que vai gañar, pois o prezo de venda do que dependen as súas ganancias pono o que paga.
Nas frías augas do Norte de Escocia non habían tiburóns. Desembarcamos en Thurso, cheos de peixe. Cancelárase o bus, polo que tiven que tomar un taxi. O escocés que me levou cóntoume que o último rey de Escocia foi decapitado despois de firmar o tratado da unión con Inglaterra. Estaba convencido de que tal rey se chamaba Rob Roy McGregor. En realidade, Rob Roy foi un gandeiro estafado e encarcelado por un Lord, que saiu da prisión perdoado por Jorge I, gracias á novela de Dafoe que relataba a súas peripecias. A traición ocorreu a outro nivel: Inglaterra sobornou a todo o parlamento escocés para aprobar a unión dos parlamentos. Os impostos británicos causaban estragos e o pobo escocés revolvíase violentamente, tanto que 6 anos despois de firmar o tratado, a proposta de disolver a unión, no propio Westminster, non prosperou por 4 votos.
“As intrigas entre os poderosos de Escocia e Inglaterra seguen a ser actuais. Ainda nos anos 90, Tony Blair moveu secretamente a fronteira, tomando xacementos petroliferos para Inglaterra”
Así cheguei a Inverness, o portal das Highlands. Aquí foi a ultima batalla das guerras xacobitas, na que a aristocracia escocesa sacrificou aos seus vasalos apoiando a Carlos Estuardo nas súas pretensión ao trono inglés. O “taxista” cría que os escoceses morreran nesa batalla protexendo as súas terras do colonialismo inglés. As intrigas entre poderosos de ambalas dúas nacións seguen a ser actuais. Nos anos 90, Tony Blair moveu secretamente a fronteira entre Escocia e Inglaterra, tomando xacemetos petrolíferos. Como de costume, a prensa informa do que lles interesa e cando lles interesa aos que mandan de verdade: antes do referéndum falábase da exigüidade do petróleo escocés. Cando os resultados electorais decretaron a permanencia de Escocia no curral, comenzaron a chover novas de novos xacementos descubertos. Os mercados respiraron aliviados, a libra subiu coma a espuma. O petróleo move todo, e case todo se move en barcos.
No camiño á casa, fixen escala en Amsterdam. Coñecín alí a un soldador de Barreras, veciño de Cangas. Estaba contento, acababa de pechar contrato nos Países Baixos. Fai uns anos, Holanda denunciaba ante Bruxelas que España eximía de impostos aos seus asteleiros; o famoso tax-lease, vaia. A denuncia prosperou afundindo o sector, que hoxe é a sombra ( un 25%) de que foi. “Eu non me explico como os Holandeses logran pagarnos o dobre e manter os prezos competitivos. As subcontratas que fan os barcos son as mesmas que en Vigo, as técnicas idénticas, os obreiros os mesmos. Seica están fortemente subvencionados”, declara quen deixara o Morrazo por decisión dos tiburóns.
“Os medios están cheos de casos de corrupción… cheirame a cortina de fume. A crise ten raices máis profundas que a corrupción”
Isto deume que pensar na mobilidade de persoas, cartos e recursos. Pregunteime, de onde vén o ferro? Polo que atopei, gran parte do ferro que empregamos ven do Brasil. O estado de Pará é responsable do 50% das exportacións brasileiras, grazas á súa riqueza mineira. Mais tamén é dos máis pobres e desiguais. O mineral exportase apenas sen transformar e véndese ao prezo que marca o mercado. Igual que o peixe galego, vaia.
E así voltei a Vigo. Os medios non fan máis que denunciar asuntos de corrupción… Por fín, xa era hora! Mais confeso que tamén me cheira a cortina de fume. A crise ten raíces máis profundas que a corrupción. Queremos construír barcos ou deixar de contribuír activamente á destrución do Amazonas e das súas culturas? PODEMOS crear alternativas a este sistema que divide o mundo en países e persoas de 1ª, 2ª e 3ª?
Escultura do areoporto de Castellón
Foto: Sanbec
Confundir e distraer do que verdadeiramente importa, a xestión do común, pode facer máis dano que o roubo en si. De feito, a forza política herdeira do movemento indignado semella perder pulo cando se lle pregunta “como poderán”. Mudar as cousas, para repartir riqueza e xestionar recursos de xeito xusto e eficaz, sen demasiadas distraccións en siglas e bandeiras, é o desafío que, co tempo, TODOS podemos e DEBEMOS afrontar… Moito Choio!!!
Autoría: J. P. Forti