A comezos do mes de novembro boa parte dos perpiaños de granito que conformaban os números 10, 11, 12, e 13 do Barrio do Cura. Este singular conxunto de vivendas populares do s XIX, que contaban con solainas, pórticos e lavadoiro comunal, foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 2006, e leva (igual có resto do barrio) 15 anos en situación de abandono por parte dos seus propietarios, “Valery Karpin Asociados Inmobiliarios”, e máis polo Concello de Vigo, que é o responsable legal da súa conservación (Art. 4 Lei 8/1995).
“Nos últimos días esboroáronse boa parte dos perpiaños de granito que conformaban os números 10, 11, 12, e 13 do Barrio do Cura. Uns dos poucos elementos de patrimonio histórico que Concello e Karpin & Cía. pretendían conservar”
Para máis escarnio, precisamente este conxunto de arquitectura popular é dos poucos elementos de patrimonio histórico que o PLAN ESPECIAL DE REFORMA INTERIOR <<APR A-4-01 BARRIO DO CURA>> esixe conservar (lamentablemente encaixado nunha furna entre moles de nova construcción que sextuplican a altura do conxunto.) Agora xa non se tratará de conservar, senón que teremos que reconstruílo.
Dende o Centro Social Autoxestionado Cova dos Ratos denunciamos esta lamentable situación, e esiximos que dende a administración se rehabilite e consolide o conxunto de elementos de patrimonio, bens e espazos públicos do <<APR A-4-01 BARRIO DO CURA>> actualmente abandonados por lo concello mesmo e os seus propietarios. Animamos a cidadanía a pór no centro do debate público o xeito en que as autoridades locais enfocan as políticas urbanísticas e os intereses especulativos duns poucos aos que esa xestión responde.
Así como a participar na horta colectiva do Berbés na que os socios de Cova e outras persoas cultivamos e sacamos proveito sotiblemente. Demostrandolle ao Concello e Valery Karpin que outro Barrio do Cura é posible e necesario.
autoría: CSA Cova dos Ratos